A americana Moira Joiner xogará a próxima tempada no Baxi Ferrol

A xogadora americana Moira Joiner xogará a próxima tempada no Baxi Ferrol despois de chegar á un acordo co club ferrolán.

A aleiro, que ten 23 anos e mide 1.78 metros, procede da Universidade de Míchigan, a mesma na que estivera Jenna Allen, onde completou unha boa etapa. A xogadora acaba a tempada cunha media de 14,7 puntos, 4,7 rebotes, 2,7 asistencias e unha gran porcentaxe de tiros de tres puntos, cun 44%.

O adestrador do equipo departamental, Lino López, destaca sobre a nova americana do cadro ferrolán que “Moira Joiner é unha xogadora exterior de Michigan State gran programa e conferencia. Temos informes moi bos sobre ela a nivel persoal grazas á colaboración da nosa querida Jenna Allen que xogou na mesma universidade”. O preparador tamén engade que “Mo é unha gran competidora con carácter gañador, moi boa tiradora, que sempre busca a mellor opción ofensiva para o equipo, e defensivamente é moi completa”.

Desta forma, coa fichaxe de Moira Joiner, o equipo xa dispón de cinco xogadoras tras anunciar a continuidade de Ángela Mataix, Julie Pospisilova e Gala Mestres e a fichaxe de Carlota Menéndez.

CAMPAÑA DE ABONADOS

Ademais, segue aberta a campaña de abonados para poder renovar ou darse de alta. Polo momento, renovaron o seu abono 578 persoas, mentres que se produciron 128 altas. Todas as persoas interesadas poden pasarse pola Taberna Arauxa, no Cantón de Molins 6, de martes a domingo de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 22.00 horas, así como os luns de 18.00 a 21.00 horas nas oficinas do club no pavillón da Malata. Tamén se poden facer as xestións a través do correo electrónico abonadosuniferrol@gmail.com

Fotos e info: Baxi Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas