A Escola Basket Xiria logo de presentar o pasado xoves 16 a documentación requerida pola Federación Española de Baloncesto: pago da inscrición e aval correspondente, volverá a competir en Tercera FEB por 12ª tempada nunha competición de ámbito estatal.
A Federación Española de Baloncesto comunicou á Escola Basket Xiria, por medio da Secretaría Xeral, que unha vez revisada a documentación presentada para a inscrición do Calvo Basket Xiria e comprobado por parte da Comisión Delegada que se cumpriron tódolos requisitos esixidos polo Regulamento Xeral e de Competicións, informase que o equipo queda inscrito na Liga Terceira FEB Conferencia «A» – Grupo «A-B», para a vindeira tempada 2026/27.
Trala inscrición e depósito do aval ante a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), o pasado xoves, a Escola Basket Xiria iniciaba así o procedo de inscrición, por 12ª tempada na Terceira FEB (antes Liga EBA). Trala histórica tempada pasada, onde o equipo dirixido por Héctor Méndez acabou a clasificación para a Fase Previa de Ascenso, polo que por segunda vez na historia do Club xogouse unha Fase de Ascenso dunha categoría estatal, este ano tocará tecer de novo os fios, para conseguir un equipo que poida acadar unha vez máis a permanencia, sen perder a identidade do xogo e implicando a novos xogadores da canteira local, para iniciar unha nova andadura nunha competición estatal organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB).
Nesta tempada 2026/27 a Conferencia “A” da Tercera FEB estará formada por 28 equipos, divididos en 2 subgrupos, sendo o “Grupo A-B” asignado ao CALVO BASKET XIRIA e resto dos equipos galegos (CB Marín Peixegalego, CB Chantada, CB Culleredo, Santo Domingo de Betanzos, Ulla Oil Rosalía de Santiago, Sigaltec de Vilagarcía e o recén ascendido: Tifón Mobles novobasket. Estarán acompañados polos 3 conxuntos Asturianos: Universidad de Oviedo, Baloncesto Mieres (ascendido) e Circulo Gijón (descendido 2ªFEB), máis outros 2 equipos de Castilla-León: Usal Meins Avenida e Recoletos Salud Salamanca, ademáis do Caja Rural Reino de León.
A competición comezará a primeira semana de outubro, sendo a primeira xornada o 04/10/2026 e rematando, para tódolos equipos, o sábado 17/04/2027. Con anterioridade oa comenzo de Liga, o conxunto carballés xogará a Copa Galicia 3ª FEB, da que é o vixente Campión, entre os equipos galegos de 3ªFEB, polo que servirá de pretempada, aínda que as datas nos están definidas por parte da FEGABA.
Info e foto: Calvo Basket Xiria





