A Segunda Galicia reunirá a vinte e catro equipos de Ferrolterra divididos en dous grupos de doce clubs cada un (grupo A e grupo B), iniciando a liga o 17 de setembro.
Unha vez disputadas as vinte e dúas xornadas da fase regular, os tres primeiros clasificados do grupo A e B xuntaranse no grupo de ascenso e unha vez finalizada esta liguiña de seis, os dous primeiros subirán a Primeira Galicia.
Os equipos que quedasen do cuarto clasificado ata o último en ambos os dous grupos, repartiranse entre tres grupos de seis equipos cada un para disputar a fase de consolación (grupos D1, D2 e D3). Os tres campións de cada grupo xunto ao mellor segundo disputaranse o título de consolación nun playoff.
Tanto a fase de ascenso como a fase de consolación comezará o día 17 de marzo e finalizará o 26 de maio.
En canto aos equipos, esta tempada hai tres novidades: incorpórase á Segunda Galicia o ADR Numancia de Ares, que descendeu de Primeira e ocupa a vacante que deixou o CCRD Perlío tras acadar o ascenso, e tamén entran o CD Narón “B” e o CD Cariño en lugar do EFB Amistade e o Cedeira SD “B”.
GRUPO A
1. ADR Numancia de Ares
2. Galicia de Mugardos “B”
3. Galicia de Caranza
4. CF San Sadurniño
5. SD Rápido de Neda
6. Cultural Maniños “B”
7. CD Rosalía
8. AD Miño “B”
9. CF Monfero
10. Xuventude Cabanas
11. CF Estrella
12. CD Narón “B”
1ª XORNADA GRUPO A
Galicia de Caranza vs Xuventude Cabanas
CF Estrella vs Cultural Maniños “B”
Galicia de Mugardos “B” vs CD Rosalía
AD Miño “B” vs ADR Numancia de Ares
CF Monfero vs SD Rápido de Neda
CF San Sadurniño vs CD Narón “B”
GRUPO B
1. CF Meirás
2. UD Narahío
3. UD Cebarca
4. Eume Deportivo “B”
5. SD Barallobre
6. ADC A Capela
7. ADC Moeche
8. CF Mandiá
9. SCDR Narón O Freixo
10. SRD Esteiro
11. Vilarmaior CF
12. CD Cariño
1ª XORNADA GRUPO B
CF Mandiá vs CF Meirás
ADC A Capela vs Vilarmaior CF
UD Cebarca vs ADC Moeche
Eume Deportivo “B” vs SCDR Narón O Freixo
SD Barallobre vs UD Narahío
CD Cariño vs SRD Esteiro