ÁLEX LÓPEZ: Compromiso, organización e liderado

O centrocampista ferrolán é un home da casa que demostra en cada partido e tempada o seu compromiso, organización e liderado.

Alejandro López Sánchez, coñecido como Álex López, naceu en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988 e desde moi novo formouse nas categorías inferiores do Racing Club de Ferrol.

É un xogador que achega a pausa cando o xogo do equipo requíreo ou move rápido o balón cando as circunstancias precísano, actuando como ligazón na mediapunta e sorprendendo nas súas chegadas á portería rival desde a segunda liña co seu potente disparo.

No 2005, xogaría en calidade de cedido na SD O Val durante a metade da tempada, tamén pasaría un período de cesión no Narón Balompié durante a tempada 2006/07, para posteriormente, asinar polo Narón dúas tempadas. No 2009 asinaría polo RC Celta de Vigo, disputando a primeira tempada no equipo “B” e desde o 2010 ata o 2015 no primeiro equipo.

No 2015, Álex López estrearíase no fútbol internacional xogando cedido no Sheffield Wednesday FC e ao se￾guinte ano volvería a España cunha nova cesión ao Real Valladolid CF. Na tempada 2017/18 converteríase en xogador do Real Sporting de Gijón e no 2018 volvería ao estranxeiro, esta vez no conxunto australiano Brisbane Roar FC. Finalmente, Álex López regresaría no 2019 á que sempre foi a súa casa, o Racing Club de Ferrol.

É un xogador que transmite a calma e o optimismo cando as cousas non están a saír como se esperaba, capaz de transmitir enerxía ao equipo e á afección cando máis se necesita, e proba diso está no seu liderado portando o brazalete e a confianza depositada nel polo seu adestrador Cristóbal Parralo, participando en todos os partidos.

DATOS PERSOAIS

Nome: Alejandro López Sánchez, “Álex López”
Idade: 34 (11/01/1988)
Localidade de nacemento: Ferrol
Estatura e peso: 1,75 m e 64 Kg
Dorsal: 8
Demarcación: Centrocampista
Perna predominante: Destro

TEMPADA 2022/23

Partidos xogados: 18
Goles: 2
Asistencias: 2
Minutos: 1096
Tarxetas amarelas: 4
Tarxetas vermellas: 0

TRAXECTORIA

• 2004/05: Categorías inferiores do Racing Club de Ferrol
• 2005/06: Racing Club de Ferrol
• 2005/06: SD O Val (cedido: Racing)
• 2006/07: Racing Club de Ferrol
• 2006/07: Narón Balompié (cedido: Racing)
• 2007/09: Narón Balompié
• 2009/10: RC Celta de Vigo “B”
• 2010/15: RC Celta de Vigo
• 2015/16: Sheffield Wednesday FC (cedido: Celta)
• 2016/17: Real Valladolid CF (cedido: Celta)
• 2017/18: Real Sporting de Gijón
• 2018/19: Brisbane Roar FC
• 2019/23: Racing Club de Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou