BELINDA: A voz da Grixa

Un dos recintos onde mellor captarán os afeccionados á Liga da Costa é o campo municipal da Grixa, na Ponte do Porto.

A animación de cada partido do Porteño CF ten nome e apelidos: os irmáns Parga Lapido. Ela, Belinda Parga, é a voz, el, Francisco Parga Lapido, “Fran”, achega os acordes co seu bombo. Cando o equipo baixa a intensidade, cando o equipo non está no terreo de xogo como debe ser, o potente berro de Belinda Parga Lapido (Londres, 1973) érguese no ceo da Ponte do Porto. Ese arrebato de voz que contaxia a todos e as bancadas comezan a ferver ao son da súa voz cantante e apoiando incondicionalmente ao seu club, sexa cal sexa a partitura.

Na gasolineira da Ponte do Porto saben, sen dúbida algunha, cando marca o Porteño CF e iso grazas ás cordas vocais de Belinda Parga, que reflicte mellor a situación do encontro que o propio resultado. Belinda está rodeada doutros seguidores que fan o coro á perfección, pero Belinda sempre actúa positivamente, sempre animando, sempre incondicional dende o alto da bancada. Dedicouse a practicar ximnasia deportiva e competir a nivel nacional.

Cando a voz de Belinda destaca, a figura do irmán Fran aparece ao pé do campo. Resoa o seu bombo na liña que marca a súa irmá: apoio, apoio e apoio. O Porteño CF, presidido por Manuel Santos Lema, “Jinio”, ten potencia extra e é o chamado xogador número 12, que na Grixa encarna perfectamente Belinda Parga e Francisco Parga Lapido, “Fran”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),