Álex Pérez: “Motivoume moito o proxecto do club”

Alejandro Pérez Boo (A Coruña, 2006), coñecido como Álex Pérez, gañou peso propio a base de goles e personalidade sobre a pista.

Na súa primeira tempada no Lubiáns, caeu de pé tras chegar do Compañía de María, onde deixou mostras da súa enorme proxección competindo e sumando minutos en Liga Prata. O seu currículum xa inclúe un subcampionato de España Junior, experiencia que se reflicte na súa madurez competitiva e no seu instinto para aparecer nos momentos clave. É un auténtico “killer”: máximo goleador do Lubiáns e coa directa posta para pelexar por ese mesma honra a nivel de liga.

Que che motivou para formar parte do Escola Lubiáns?
Motivoume moito o proxecto do club, co obxectivo de ascender a prata e a confianza que mostraron en min desde o primeiro momento. Ademais, levaba varios anos que necesitaba un cambio e estou moi contento no club.

Que che parece o nivel da tempada?
Este ano a OK Bronce subiu bastante o nivel e estamos varios equipos na parte alta loitando por ascender. A nivel de equipo, temos sempre moi bo nivel de adestramentos e temos moi bo grupo no vestiario, que sempre axuda a que as cousas saian ben.

Estás a un nivel incrible na táboa de goleadores. Cal é a clave para ver portería con tanta regularidade?
No vestiario bromeamos con que hai varias razóns, pero realmente non fago nada especial. Desde pequeno metín bastantes goles e sempre tento o mesmo, crear moitas oportunidades para que entren os máximos goles posibles.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde