Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela.

Mediapunta de formación e dianteiro por determinación, é un futbolista que interpreta o xogo con intelixencia, acelera cando o partido esíxeo e converte cada balón na área nunha ameaza real. No Monfero consolidouse como un dos grandes referentes ofensivos xunto a Yago, non só polas súas cifras, segundo máximo artilleiro na Copa de Terceira e firme candidato ao pichichi ligueiro, senón polo seu peso constante no equipo, pois é o xogador que máis minutos disputa, símbolo de regularidade, confianza e liderado competitivo.

Con percorrido en Betanzos, Vilarmaior, Cambre e Miño, a súa traxectoria reflicte crecemento e carácter. O miñense é traballo, talento e gol, un futbolista feito para asumir responsabilidades e aparecer cando o equipo máis o necesita.

Que cambiou no equipo respecto a a tempada pasada?
Reforzámonos ben, trouxeron a xogadores que soben o nivel do persoal e veu un adestrador con experiencia en categorías superiores.

Tes algún gol que nunca esquecerás?
Seguramente algún que metín co Miño o ano do ascenso a Preferente.

Quen dirías que é o teu referente?
Messi e Cristiano. Os da miña idade crecemos véndoos meter goles todos os fins de semana.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas