Lara Gorgullo: “Pasamos dun xogo máis individual, a xogar máis en equipo”

O Maniños ten en Lara Míguez Gorgullo (Cabanas, 2005) o gol e a visión de xogo.

Na súa segunda tempada no conxunto fenés, imponse como unha xogadora moi comprometida co equipo, habitual no once titular e converténdose no motor do ataque. Formada previamente no Pontedeume de fútbol sala, combina técnica, intensidade e capacidade para dirixir o xogo ofensivo, sendo unha peza fundamental que marca o ritmo e as oportunidades sobre o campo.

Como evolucionou o equipo nestas dúas campañas?
Desde o meu punto de vista, pasamos dun xogo máis individual a xogar máis en equipo, todos os anos únese xente a este equipo e ao principio é máis difícil xogar porque non nos coñecemos a nivel futbolístico, pero chegados este punto da tempada podería dicir que nos coñecemos ben e que iso nos axuda a ter un xogo máis fluído.

Cal crees que é a maior fortaleza do Maniños esta tempada?
Creo que a maior fortaleza do equipo este ano é o equilibrio entre a xuventude e a experiencia, xa que contamos con xogadoras máis xoves que dan intensidade ao equipo proporcionando máis ocasións de ataque e axudando en liñas defensivas, pola contra as máis veteranas achegan máis calma ao xogo evitando desta maneira xogar revolucionadas e perder máis balóns.

Como afrontas a presión en partidos decisivos?
Á hora de xogar partidos decisivos intento relaxarme e tentar dar o mellor do meu sempre, somos un equipo e a presión repártese entre todas. Por desgraza este ano estamos a ter falta de xogadoras e iso moitas veces complícanos poder competir como queremos eses partidos máis decisivos.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas