Jandro: “Somos un equipo moi unido”

Alejandro Montero Basteiro (Betanzos, 2001), coñecido como Jandro, afronta a súa quinta tempada en O Esteo consolidado como unha peza importante do equipo.

Formado no Troula, ampliou a súa experiencia competitiva no Barça e o seu talento levouno a vestir a camisola dos combinados galego, coruñés e catalán, confirmando unha proxección que sempre apuntou alto.

En paralelo, tamén se formou no fútbol campo, pasando polas categorías inferiores do San Tirso, Montañeros, Dépor, Racing, Galicia de Caranza, Lugo e Calasanz, unha traxectoria diversa que moldeou a súa visión de xogo e a súa versatilidade. Con madurez e experiencia, continúa medrando no equipo pontés, combinando talento, traballo e un profundo coñecemento do xogo adquirido desde neno.

Que é o mellor de levar a camisola do O Esteo durante cinco tempadas?
O mellor de levar a camisola do O Esteo Fútbol Sala durante cinco tempadas é o sentimento de pertenza. Aquí non só vés xogar, vés formar parte dunha familia. Desde o primeiro día fixéronme sentir coma na casa e, despois de tantos anos, ver como medrou o club e como respondemos cada tempada é un orgullo enorme.

Cal é a clave da gran campaña que estades a facer?
A clave da gran campaña que estamos a facer é o grupo. Máis alá das individualidades, somos un equipo moi unido, traballamos moitísimo nos adestramentos e temos claro ao que xogamos. O míster transmítenos confianza e todos estamos comprometidos tanto en defensa como en ataque.

Es firme candidato para loitar polo pichichi, é un obxectivo que te ilusiona?
Estar aí loitando polo pichichi ilusiona, claro que si. Ao final a todos nos gusta marcar goles e axudar ao equipo dende esa faceta. Pero sinceramente, o primeiro é que o equipo cumpra os obxectivos. Se os goles serven para sumar vitorias e estar arriba na táboa, benvidos sexan. Se chega o pichichi, será consecuencia do traballo colectivo.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas