Alexandra Lojo: “O máis importante é o bo ambiente no vestiario”

Alexandra Lojo Canosa (Corcubión, 1993) domina a medular do Corcubión. É unha xogadora rápida, de gran toque, precisa e con instinto goleador.

A súa paixón polo deporte e a nutrición, xunto coa ensinanza, marcou a súa formación académica e laboral, impulsándoa a crear ALO Salud, onde comparte consellos para mellorar os hábitos das persoas cun espírito inspirador.

Cal foi o momento máis especial que viviches co Corcubión ata agora?
O momento máis especial vivido no Corcu non sei dicirche exactamente cal foi; cada tempada e cada partido son especiais para min. Poder xogar e competir con xente do teu pobo ou de pobos próximos é marabilloso e máxico sempre.

En que aspectos tácticos cres que evolucionou máis o equipo?
Cada tempada é diferente, unhas persoas marchan, outras quedan… Ao final, o máis importante é o bo ambiente no vestiario e gozar xuntas, e iso é algo que define moi ben ao Corcubión.

Como naceu a idea de crear o proxecto ALO Salud?
ALO Salud naceu un pouco desa paixón que teño polo deporte e pola nutrición. Sempre me interesou como a alimentación inflúe no rendemento e na saúde, e co tempo decidín comezar a compartir contido para axudar a outras persoas a mellorar os seus hábitos. É unha forma de unir todo o que me gusta e ensinárllelo aos demais.

Foto: fotofuentes

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas