Samu Lozano: “Somos un grupo de amigos que nos gusta xogar ao fútbol”

O zagueiro do San Lorenzo, Samuel Lozano Chouciño (Cerqueda, 1997), é un dos referentes do equipo, achegando experiencia e coñecemento da casa.

Formado nos xuvenís do Bergan, iniciou unha traxectoria que o levou ao propio San Lorenzo e, máis tarde, a conxuntos como o San Sadurniño ou o Miño, antes de regresar ao conxunto carballés. Samu destaca por ser un central sólido, que vai forte e sen medo nos balóns divididos, ben posicionado no campo, con boa saída do balón e contundente no xogo aéreo.

Cal é a maior fortaleza do grupo?
A mellor fortaleza, aínda que igual sona a tópico, é que somos un grupo de amigos que nos gusta xogar ao fútbol. Cando hai bo grupo e todos van a unha, as cousas sempre acaban saíndo.

Tedes moi boa saída do balón desde atrás. Cal é a clave?
Pois a verdade é que temos moi bos xogadores atrás, que ademais gústalles ter o balón. Tamén todo isto adéstrase pola semana e fai que sexa máis fácil levalo aos partidos.

Como estades a vivir tanta igualdade na categoría?
Si que é certo que nesta recta final da tempada está todo moi apertado. Nós sabemos que nos quedan cinco finais por disputar e temos que cumprir coa nosa parte. Unha pena ter perdido esa vantaxe que nos mantivo líderes durante tantas xornadas, pero agora toca dar ese último empuxón e confiar en que o Xallas acabe pinchando para tratar de volver a ese primeiro posto.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas