O dianteiro do Racing, Álvaro Giménez (Elche, 1991), suma once dianas na liga e que o converten no máximo artilleiro do conxunto da cidade naval, seguido por Iker Losada con dous tantos menos.
Un dos datos máis curiosos deste dianteiro moi querido pola afección, é que sempre que marca, o Racing consegue rascar puntos, converténdose en todo un talismán para a escuadra ferrolá. Proba diso está nas vitorias que o Racing conseguiu ante o Zaragoza, Burgos, Tenerife, Valladolid, Sporting e Huesca, máis os empates ante o Santander, Zaragoza (partido de volta) e Leganés, en todos eles o dianteiro logrou ver portería.
Dos once tantos que fixo Álvaro nesta tempada, tres deles logrounos de cabeza, ante o Zaragoza, o Burgos e o Huesca, dous tantos os anotou desde o punto de penalti, ao Tenerife e o Leganés, e seis goles foron de remates co pé, logrando cinco deles coa súa perna boa, a zurda, ante o Valladolid e os dobrete ao Santander e Zaragoza, e un coa dereita fronte ao veciño asturiano, o Sporting.
O ilicitano destaca polo seu poderío ofensivo e o versátil que é de cara a porta, sendo un dianteiro que vai ben de cabeza, cun salto potente e capaz de impoñerse por arriba a centrais máis altos que os seus 1,83 metros. Ademais, ten un bo remate de primeiras con ambas as dúas pernas e móvese ben entre liñas tirando desmarques ou xerando espazos aos seus compañeiros.
O camiño de Álvaro non foi fácil, pois lle custou facerse coa titularidade e gañarse a confianza de Cristóbal Parralo, pois Sabin Merino comezou gozando de minutos ao principio de tempada. Co paso das xornadas, foi adquirindo maior protagonismo a base de goles e xogo, ata finalmente converterse no referente na punta de ataque do Racing.
Álvaro Giménez posúe unha dilatada traxectoria deportiva, formándose nas categorías inferiores do Elche, xogando nos filiais e no primeiro equipo, e pasando por clubs como o Valencia Mestalla, o Mallorca e no seu filial, o Alcorcón, o Almería, onde conseguiu os seus mellores rexistros goleadores con vinte tantos, o Birmingham City, o Cádiz ou o Zaragoza, ademais de disputar tres encontros co combinado nacional sub-17.