Tempada histórica para o conxunto de Santa Comba. Coñecemos de primeira man o momento do equipo e do club tras a consecución 24 anos despois da Liga da Costa co ascenso a Primeira Galicia coas valoracións do seu técnico, Miguel Chouza.
Como foi a celebración do título de Liga?
A celebración foi moi intensa porque xuntáronse dúas cousas, as gañas de celebración tras cerca de 25 anos sen poder facelo, así como a capacidade festiva de Santa Comba e os seus veciños.
Cales foron as fortalezas e as maiores virtudes neste éxito do equipo?
A principal fortaleza foi que dentro do campo fomos capaces de impoñernos aos nosos rivais nas dúas áreas. Fora do campo, a unión do equipo, aínda que pareza un tópico dicilo, pero non o é neste caso. A maiores foi unha virtude moi importante dispor dun cadro de xogadores máis amplo que en tempadas anteriores e dun nivel homoxéneo e alto para a categoría da Segunda Galicia,
Que supón para o SD Castriz o título de Liga e o ascenso a Primeira Galicia?
Gañar a Liga da Costa é algo histórico para o S.D. Castriz, o máximo ao que pode aspirar como club. O ascenso a Primeira Galicia é unha consecuencia de este éxito, polo que será un premio para os xogadores.
Como se presenta o futuro a curto – medio prazo para o SD Castriz.?
Competir en Primeira Galicia vai sacar ao club da súa zona de confort, pero nos últimos anos medramos moito estruturalmente, se facemos as cousas con “sentidiño” pode ser algo positivo, sabendo sempre que o noso lugar natural é o da Liga da Costa.
O cadro de xogadores do SD Castriz que conseguiu o título da Liga da Costa e o ascenso a Primeira Galicia foi o seguinte:
Porteiros: Coke, David Gerpe
Defensas: Samuel, Elvis, Fabián, Marcos Mouro, Jairo, Brais González, Saúl
Centrocampistas: Iván Pastoriza, Adrián García, Iván Facal, Toño, Anxo, Mata, Rodo, Darío Capelo, Martín Cambón, Fran Calvo.
Dianteiros: Noly, Sebas, Braulio, Alvarito
Desde Bisbarra en Xogo felicitamos a todos eles, ao corpo técnico formado por Miguel Chouza e Chiki, á xunta directiva, afeccionados e patrocinadores do SD Castriz por este título da Liga da Costa e o ascenso a Primeira Galicia.
Miguel Chouza cumpriu coa súa promesa e cortou a coleta na celebración do título da Liga da Costa