O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada.
Formouse no Racing desde prebenxamíns ata infantís e no Galicia de Caranza ata xuvenís, seguido de O Val, onde compaxinou co primeiro equipo. Continuou curtiendo o seu carácter no Galicia de Mugardos, Betanzos, As Pontes e Sofán.
Esperabades estar a facer unha campaña tan boa?
Sabiamos que este ano nos ían a esixir moito máis, pero tamén estabamos concienciados de que cando collésemos o ritmo da competición iamos dar guerra e confiabamos en poder colocarnos na parte media-alta da clasificación e, de momento, así está a ser. A verdade é que sería bonito xogar un playoff a Preferente co Meirás.
Cal é a clave do rendemento do equipo?
A clave do bo rendemento é, sobre todo, o bo grupo que temos. Todos os que estamos aí coñecémonos desde hai moitos anos e a verdade é que somos unha piña. Tanto a directiva, que se esforzan todo o posible para que non nos falte de nada, como o corpo técnico e os xogadores, imos na mesma dirección, e iso, ao final, transmítese no campo e fai que sexamos un equipo compacto e difícil de gañar.
Cambiou moito a esixencia respecto ao ano pasado?
Si, claro. O ano pasado houbo moitos partidos que os encarrilabamos moi pronto e relaxabámonos. Este ano esa relaxación xa non a puidemos ter e tivemos que apertar ata o final sempre para levarnos a vitoria ou conseguir un empate.
Foto: sadmoody241




