Isma: “Cada partido é importante”

Formado desde neno no Galicia de Caranza, a historia de Ismael Carballeira Rodríguez (Ferrol, 2003) é a de quen crece co escudo cosido ao peito.

Salvo unha tempada e media en xuvenís defendendo as cores do Val, a súa carreira foi un compromiso firme co club que o viu empezar. Isma non entende o lateral como unha simple demarcación, senón como un carril de batalla que defende con fiereza, ataca con convicción e non negocia co esforzo.

Como ves ao equipo?
En canto ao equipo, creo que en todos os meus anos en Caranza non vira tanto nivel no seu conxunto, o que pasa é que nos está custando moito gañar na casa, somos o mellor visitante e un dos peores locais, con mellorar nese aspecto imos ir cara arriba.

Como vives a semana previa a un partido importante?
Agora mesmo, cada partido é importante porque temos o obxectivo de ascender e quédanos moito que remar, pero cando xogamos coa xente de arriba, creo que todos somos conscientes que hai que dar o 100% e somos bastante competitivos nos adestramentos.

Cal dirías que foi a túa etapa máis especial no club?
Neste club vivín unha infinidade de etapas incribles. Quería destacar dous: hai dúas tempadas conseguimos o ascenso a primeira autonómica, o club levaba moitos anos sen estar aí e para alguén como eu, que levo desde biberóns neste club, foi moi bonito. E o outro foi cando volvín do Val en xuvenís de segundo ano, estivemos eses dous anos xogando a fase de ascenso a Liga Nacional, non puidemos conseguir ese ascenso nesas dúas tempadas, pero foi incrible, estivemos invictos case toda a tempada, e aí o nivel de entrenos era extremo, case ao límite, porque ninguén quería regalar un minuto a ninguén e a verdade que, sendo todos amigos, é moi bonito competir.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas