AS EIROAS: O campo de fútbol comeza a tempada con cuberta e varanda novas na tribuna central

O campo de fútbol das Eiroas empeza a tempada con novidades tras acometer a renovación da cuberta e a instalación dunha varanda na tribuna.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, visitaron a instalación acompañados por técnicos municipais e das empresas redactora do proxecto e construtora.

A cuberta da tribuna presentaba numerosas deficiencias e problemas que dificultaban o seu uso, fundamentalmente polas filtracións de auga, que mesmo estaban afectando á estrutura portante de madeira laminada. A actuación realizada consistiu na substitución da cuberta e do canalón, entre outras melloras, así coma no tratamento dos elementos da estrutura deteriorados.

O proxecto, que foi executado pola empresa carballesa Covisam Norte, tamén incluíu o cerramento da parte superior da bancada con chapa, xa que a que había tamén estaba deteriorada polo uso e producía filtracións de auga.

A actuación completouse coa substitución da varanda, que non cumpría a normativa en materia de seguridade. A actual está conformada por perfís de aceiro inoxidable e vidro de seguridade, coa mesma terminación estética que a instalada na nova bancada e mellorando en seguridade e cumprimento da normativa.

O investimento realizado polo Concello de Carballo achegouse aos 50.000 euros.

Info e foto: Concello de Carballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras