II COPA DA COSTA FEMININA: O Bergantiños FC golea ao Noia CF na final disputada en Santa Comba

O Bergantiños FC conquistou a II Copa da Costa feminina despois de zurrar ao Noia CF (9-1) na final disputada en Santa Comba. Desta forma, as xogadoras de Gueli Cotelo e René Díaz Vila, conseguen o segundo cordón consecutivo nesta competición.

O encontro só tivo unha cor, o vermello das carballesas, xa que aos 4 minutos abriuse o marcador. A xogadora estelar do choque foi a dianteira Cruz, autora de catro, dos nove tantos do seu equipo.

Bergantiños FC: Jimena; Tati (Torrado, min 62), Laura Caamaño, Elena; Bárbara, Sara Pita (Clara Rodríguez, min 72), Paula, Lara López, Zaida (Carla, min 50); Noe Amarelle e Cruz (Sara Barbeito, min 62).

CF Noia: Julia Cubelo; Mel, Noe Maio, Antía (Noelia, min 63), Diana (Carlota, min 63); Celia (María, min 78), Sara, Julia, Adriana (Uxía, min 71); Xulia e Sandra (Amaia, min 63).

Colexiada: Beatriz Cuesta Arribas, cos asistentes Iván Ferreiro Santos e Alfonso Caamaño Blanco. Bo labor, axudada polas xogadoras de ambos os conxuntos.

Incidencias: Unhas 300 persoas no campo municipal Fontenla, de Santa Comba, con clara maioría de afeccionados do Bergantiños FC. A animación deixouse sentir co colorido vermello na bancada e os instrumentos musicais. Non faltou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que chegou cunha camiseta posta do conxunto carballés.

Goles: 1-0, min 4: Lara López; 2-0, min 12: Cruz; 3-0, min 18: Cruz ; 4-0, min 26: Noe Amarelle ; 5-0, min 40: Bárbara, de penalti a Lara López de Antía; 6-0, min 46: Cruz; 6-1, min 47: Sandra; 7-1, min 49: Zaida; 8-1, min 53: Cruz; 9-1, min 61: Laura López.

O encontro comezou cunha presión do Bergantiños FC sobre o Noia CF, que non deixou saír con comodidade ás xogadoras de Juan Moreiras, “Banana”. Así, no minuto 4, Lara López abriu o marcador. Antes do 2-0, obra de Cruz, a propia dianteira tivo puido marcar (min 12). Cruz puxo o 3-0 e deu en bandexa o 4-0 a Noe Amarelle. Antes de concluír a primeira metade e co 5-0 no marcador, Cruz lanzou fóra por moi pouco (min 42) na única oportunidade do Noia CF, Celia tiro lonxe da mirada de Jimena (min 43). Na segunda parte seguiu o dominio claro das carballesas e os tantos foron caendo paulatinamente ata chegar aos nove goles finais.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 14ª xornada

A 14ª xornada da Liga Atlántica de Billarda celebrouse na contorna do museo MELGA en Ponteceso. ABSOLUTA: 1º Roi (APB A Laracha). 2º Marco (Cochiqueiros