BERGANTIÑOS FC: Escola TEC de porteiros

Presentada a nova Escola TEC de Porteiros como actividade enmarcada na base do Bergantiños FC e as Escolas Luis Calvo Sanz.

A Escola Porteiros con Juan Carlos Aguier como coordinador e José Sambade como director incorpóranse á dinámica da nosa base para levar a cabo a actividade de tecnificación de porteiros.

O equipo técnico estará formado por monitores con gran traxectoria profesional e formativa que colaborarán no desenvolvemento técnico dos porteiros, ademais contarán co traballo do noso gardameta, Santi Canedo completando o cadro técnico.

O Bergantiños FC e as Escolas Luis Calvo Sanz presentaron a nova Escola de Porteiros TEC que se incorpora como actividade que se desenvolve no noso club, tanto da nosa base como das Escolas Luís Calvo.

A Escola Porteiros TEC con Carlos Aguier como coordinador e José Sambade como director, iniciará a súa actividade co curso escolar e pretende realizar un traballo especializado e individualizado cos porteiros e que terá como sede principal o Bergantiños FC. “Dividiranse en grupos reducidos para que prime a calidade, non máis de seis participantes por monitor, e segundo categorías.” Indica José Sambade. “O obxectivo é o desenvolvemento técnico e mellora dos porteiros, sen esquecernos da diversión, pois a nosa pretensión é fidelizar e formar porteiros, por iso o traballo con eles será minucioso e case á carta” engade.

“Desde hoxe empezamos este novo proxecto no club e esperamos que sexa un vínculo que nos una por moitos anos e sexa exitoso para ambas as partes” explicou na presentación esta tarde Jesús Capelán, Responsable Base do club.

A Escola de Porteiros levará a cabo dous días por semana, os luns e mércores, e en tres franxas horarias: de 17:30 a 18:30 para benjamines e alevíns, de 19:00 a 20:00 dirixido a etapa infantil e cadete, e por último de 20:30 a 21:30 para a categoría xuvenil e adultos.

O equipo técnico estará formado por monitores con gran traxectoria profesional e formativa que colaborarán no desenvolvemento técnico dos porteiros, entre os cales estarán Roberto Valeiro ou David Yáñez que foi adestrador de porteiros do primeiro equipo de Bergantiños FC ata a pasada tempada. Ademais, contarán co traballo do noso gardameta, Santi Canedo, que completará o cadro técnico da nova Escola de Porteiros TEC.

BERGANTIÑOS FC

O Bergantiños FC é o club decano do fútbol federado na comarca de Bergantiños. O club rojillo foi fundado en Carballo no ano 1923, e conta cunha ampla traxectoria deportiva e unha importante canteira da que saíron destacados futbolistas e adestradores. A súa historia e evolución fan que este club case centenario, sexa considerado un equipo referente tanto na comarca de Bergantiños como da Costa da Morte.

O Bergantiños FC militou na 2ª división B nas tempadas 87/88 e 88/89. No seu palmarés figuran dúas Copas Galicia (68/69 e 84/85) e un campionato de 3ª división (93/94), destacando tamén varias participacións na Copa do Rey. Na tempada 20/21 foi campión o subgrupo de 3ª División a alcanzou nesta mesma campaña o ascenso á nova 2ª RFEF.

Na actualidade, o Bergantiños FC compite na liga de 2ª RFEF en Grupo 1 e está dirixido polo adestrador José Luis Lemos Ameneiro.

ESCOLAS LUIS CALVO SANZ

As Escolas de fútbol que preside Chicha Calvo, creáronse no ano 2001. Luciano Calvo Pumpido como presidente, e, José Ramón Torres Pichel como director, foron os fundadores desta institución deportiva que pretendía fomentar o fútbol base e os seus valores deportivos en Carballo, comarca de Bergantiños, Costa da Morte e zonas de influencia da Coruña e Mariñas.

Tras a consolidación da estrutura, desde os 4 anos ata a categoría de veteranos, no ano 2016, créase a sección feminina coa participación de nenas en categorías basee e sénior. Son moitas as actividades que se desenvolven para promover este deporte en Carballo e o seu ámbito de influencia:

  • Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo.
  • Torneo Fútbol 11 Alevín Conservas Calvo.
  • Torneo Benxamín 1er Ano Conservas Calvo.
  • Torneo Prebenxamín 1er Ano Conservas Calvo
  • Concentración de Biberóns Conservas Calvo.
  • Campus TEC de Tecnificación.
  • Campus TEC de Tecnificación Feminino.
  • TEC Departamento de Tecnificación.

Na actualidade, a estrutura conta con 29 equipos, (2, biberón; 3 prebenxamín; 4 benxamín; 5 alevín; 1 promesas feminino; 1 feminino fútbol 7; 4 infantil; 4 cadete; 2 xuvenil; sénior masculino; sénior feminino e veteranos), dirixidos por máis de 40 técnicos titulados, sumando máis de 520 licenzas, sendo un dos referentes de Galicia.

Info e foto: Bergantiños FC

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas