Ata 288 nadadores e nadadoras de 28 equipos lembrarán esta fin de semana a Pedro Luis Fernández Pombo

A AD Fogar, a Federación Galega de Natación e o Concello de Carballo presentaron o memorial.

Representantes da AD Fogar, a Federación Galega de Natación e o Concello de Carballo presentaron o I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, que se disputará esta fin de semana na piscina municipal Carballo Calero. Como dixo o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, “un pobo ten que lembrarse sempre das persoas que contribúen a crear rede social”, e Carballo vai lembrar esta fin de semana a unha persoa que fixo unha importante contribución nos ámbitos cultural, político, social e tamén deportivo.

Pedro Luis Fernández Pombo, como apuntou hoxe o presidente da AD Fogar, Gustavo Álvarez, foi “directivo fundador, socio honorífico, deportista, árbitro e colaborador da entidade. Tivo unha implicación enorme coa natación. Para nós é unha persoa imborrable”. E para homenaxeala como merece, esta fin de semana vanse dar cita en Carballo 288 deportistas de 28 equipos, galegos na súa maioría, pero tamén haberá representación de fóra da nosa comunidade autónoma. “Queremos que despois desta primeira edición veñan moitas máis, e que o trofeo sexa un referente a nivel galego e nacional”, engadiu Gustavo Álvarez.

A AD Fogar conta co apoio da Federación Galega de Natación, cuxo presidente, Juan Carlos Brión, tamén estivo hoxe en Carballo para poñer de manifesto ese respaldo e agradecer tanto a iniciativa do club como a colaboración do Concello.

O alcalde amosou o seu desexo de que o memorial celebre moitas edicións máis, “porque así faremos que Pedro Luis siga entre nós”. Evencio Ferrero agradeceu a iniciativa e insistiu «na gran capacidade do deporte para construír unha sociedade comprometida como Pedro”, e por iso pediu que entre todas e todos “sigamos facendo do deporte un dos emblemas que quixésemos que houbese en todos os fogares”.

Foto: Concello de Carballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Irene Díaz: tempada de dez

Se definísemos a Irene Díaz como futbolista, fariamos mención ao seu dorsal, de dez. Así é a tempada da xogadora do Discalzas SD, asinando nesta