ATLÉTICO PEREIRIÑA: Emilio Corzón dirixirá o equipo

O Atlético Pereiriña volverá á competición dez anos despois desde que o 13 de maio de 2012 xogara o seu último encontro como equipo do fútbol da Costa.

Polo menos ata este ano, cando un grupo de rapaces decidiu darlle forma ao sono que sempre tiveran de volver a xogar xuntos como cando eran pequenos nas categorías base. Así, ca idea xa na mente dende os meses previos a pandemia, están xa preparados para comezar a adestrar na primeira semana de setembro.

Uns adestramentos para os que tamén contarán con máis xogadores dos que nun inicio puideran imaxinar, xa que entre os fixos e os que estarán a proba suman xa máis das 25 fichas permitidas pola federación. “Iso demostra que hai moitas gañas de xogar ao fútbol, por iso nos esperamos unha Terceira máis competitiva que nos últimos anos, onde se vía moito deixamento”, comenta Adrián Ozón, un dos promotores deste rexurdimento como directivo e xogador.

EMILIO CORZÓN

O encargado de poñerse ao fronte deste novo proxecto será Emilio Corzón, con experiencia xa en Corcubión ou na base do Dumbría, entre outros recunchos da Costa. Un Emilio que terá un bonito reto, pois pese a xogar entre amigos, Adri o ten claro: “Queremos competir e estar o máis arriba posible”. Un reto, por certo, que se xogarán no San Paio de Refoxos e para o que seguen contando co apoio incondicional da anterior directiva.

 

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou