Caión Games 2026: surf, snowboard, música e cultura de táboas nun evento único en Europa

A praia das Salseiras, en Caión, acollerá o vindeiro sábado 5 de setembro a quinta edición de Caión Games, un evento único en Europa que reúne nunha mesma xornada dúas disciplinas de táboa aparentemente afastadas, pero unidas por unha mesma cultura: o surf e o snowboard. Organizado por Caión Surf House, espazo que combina surfcamp […]
O CB Costa Ártabra inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente

O club ferrolán inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente, á fronte dun renovado equipo directivo que combinará novas incorporacións con persoas que xa viñan traballando na entidade. Empresario ferrolán e vencellado desde hai anos ao deporte e ao propio club, Fernández dá agora un paso adiante no seu compromiso co Costa Ártabra […]
Razo convértese esta semana na capital española do salvamento e socorrismo con máis de 600 participantes

Carballo xa respira ambiente de Campionato de España. A praia de Razo acollerá entre o 1 e o 6 de setembro dúas das grandes citas do calendario estatal de salvamento e socorrismo: o XXXVIII Campionato de España Xuvenil e Júnior de Praia, do 1 ao 3, e o XXXVIII Campionato de España Absoluto de Praia, […]
O Valdetires cae no último suspiro ante o Vilalba

O Valdetires Ferrol quedou eliminado nos oitavos de final da XIX Copa Galicia tras caer por 0-1 ante o Grupo Forma-T Vilalba nun encontro decidido cando apenas restaban 19 segundos para a conclusión. Un cruel desenlace para o conxunto ferrolán, que, a pesar de afrontar o primeiro test da pretempada e de contar con importantes […]
Daniel Remuiñán brilla en Portas cunha vitoria na Clase B e podio absoluto

O piloto da Laracha logra o triunfo entre os carrozados e remata terceiro na xeral co Skoda Fabia R5 Evo, asinando un test perfecto antes do Rallye Terra de Galicia Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras completaron unha fin de semana sobresaliente no Rallymix de Portas. No seu reencontro co Skoda Fabia R5 Evo tras os […]
Penúltimo ensaio para O Parrulo, que cae ante o Burela

O conxunto ferrolán non puido obter o resultado desexado no seu penúltimo test de pretempada e caeu por 2-4 ante o Burela no encontro disputado no pavillón de A Malata, onde os locais tiveron que remar contracorrente desde os primeiros compases e, a pesar de intentalo ata o final, non conseguiron completar a remontada ante […]
O alcalde do concello larachés participa na Xunta Local de Seguridade para coordinar o dispositivo de cara ao Rally Terra de Galicia

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro Pablo Cambón participaron esta mañá de xeito telemático na Xunta Local de Seguridade convocada para coordinar o dispositivo con motivo da celebración do Rally Terra de Galicia, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de setembro. A sesión estivo presidida polo subdelegado do Goberno, […]
José Barca: “O obxectivo é manter a categoría e consolidarnos na zona tranquila”

O adestrador do Castriz destaca a importancia da preparación física para afrontar unha tempada na que o equipo busca evitar os sufrimentos do curso pasado e chega ao inicio da competición cunha pretempada intensa. Con que obxectivo afronta o equipo esta tempada e que resultado considerarías un éxito ao final da liga? Pois o obxectivo […]
O CB Costa Ártabra fai un chamamento ás nenas nadas en 2017 e 2018 que queiran iniciarse no baloncesto e coñecer o club de cara á tempada 2026/2027.

Aínda que o Costa Ártabra mantén as súas portas abertas durante diferentes períodos do ano para calquera neno ou nena que queira probar este deporte, nesta ocasión o club quere poñer especial atención nestas dúas xeracións, nas que actualmente existe unha menor presenza de xogadoras. O club, que conta co maior número de licenzas de […]
A VIII Challenge Junior Carballo reúne do 28 ao 30 de agosto a 120 ciclistas de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León

Carballo volverá converterse esta fin de semana nun dos grandes escenarios do ciclismo de base coa celebración da VIII Challenge Junior Carballo, organizada polo Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino e que reunirá entre o venres 28 e o domingo 30 de agosto a 120 ciclistas. O prazo de inscrición pechouse este martes cunha participación […]