O adestrador do Castriz destaca a importancia da preparación física para afrontar unha tempada na que o equipo busca evitar os sufrimentos do curso pasado e chega ao inicio da competición cunha pretempada intensa.
Con que obxectivo afronta o equipo esta tempada e que resultado considerarías un éxito ao final da liga?
Pois o obxectivo é manter a categoría, é o obxectivo principal. Un éxito sería non pasar os apuros que pasamos o ano pasado, que estivemos aí toda a segunda volta pelexando na zona de ilusión, para non dicir a zona de descenso. Para min un obxectivo claro é permanecer na categoría, a salvación e intentar consolidarse na mesma nunha zona tranquila.
Cal cres que vai ser a principal dificultade que vai ter o equipo nesta tempada e que aspecto consideras fundamental para competir ao máximo nivel?
Pois eu, sobre todo nun equipo como o Castriz, que ten unha peculiaridade de que non temos categorías base nin xuvenís, pois para min o aspecto fundamental vai ser a preparación física dos rapaces, que conleven primeiro unha boa preparación para que manteñan un ritmo alto durante o máximo tempo posible na liga, e segundo, que esa boa preparación evite lesións. Sabemos que hai lesións inevitables, como temos agora mesmo con Mata, cunha rotura de cruzado, con Chapela, con outra rotura de cruzado e con Jose, cunha fractura nos ósos da boneca, que tiveron que meter aí uns parafusos.
Entón, esas lesións por traumas e por efectos do estado dos campos sintéticos hoxe en día, pois van ser inevitables, pero creo que vai ser fundamental a preparación física dos rapaces para ter ao equipo o máis arriba posible e tamén un pouquiño de sorte coas lesións. Que os rapaces fagan unha boa preparación para ter sorte coas lesións, e que, polo menos, lesións musculares e lesións típicas de estar mal fisicamente, pois que non teñamos, porque se non si que podemos ter un persoal corta para acabar todo o ano.
Como chega o equipo ao inicio da competición e que mensaxe lle queres transmitir á afección ?
O equipo a verdade é que chega moi forte. A día de hoxe xa levamos once sesións de adestramento e catro partidos amigables. De aquí ao final, cando empecemos o primeiro partido de liga, nos imos a meter en dezaseis sesións de adestramento e sete partidos amigables, polo que cremos que a preparación foi bastante boa. Os rapaces tiveron seis semanas que puxeron moito da súa parte, quitaron do seu tempo persoal para dedicar ao club. Entón, eu creo que empezamos dunha boa forma, é o primeiro ano que estamos todos xuntos, e facemos xuntos a preparación da pretempada por inicio da liga. Polo que se está vendo na pretemporada, parece que levamos unha boa preparación.




