Daniel Remuiñán brilla en Portas cunha vitoria na Clase B e podio absoluto

O piloto da Laracha logra o triunfo entre os carrozados e remata terceiro na xeral co Skoda Fabia R5 Evo, asinando un test perfecto antes do Rallye Terra de Galicia

Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras completaron unha fin de semana sobresaliente no Rallymix de Portas. No seu reencontro co Skoda Fabia R5 Evo tras os traballos de posta a punto do vehículo, a parella asinou unha actuación impecable de menos a máis que certificou o excelente rendemento do vehículo checo.

O piloto larachés impuxo un ritmo fortísimo desde as primeiras pasadas, loitando polo podio desde o principio e liderando a súa categoría, para acabar alzándose cunha brillante vitoria na Clase B (vehículos carrozados) e conquistar a terceira posición na clasificación xeral absoluta.

A proba de Portas serviu ademais como a antesala ideal para preparar o próximo gran compromiso do equipo: o Rallye Terra de Galicia, que se disputará a vindeira fin de semana.

«Foi unha fin de semana redonda. Grazas ao gran traballo de Costas Racing, o Skoda funcionou á perfección durante toda a carreira, sen o máis mínimo fallo, e iso permitiunos rodar con confianza, gozar e marcar tempos moi competitivos», destaca Daniel Remuiñán. «Conseguir o triunfo entre os carrozados e meternos no podio absoluto é a mellor recompensa ao traballo de todo o equipo nas últimas semanas. Dános un pulo enorme de moral para afrontar coas mellores garantías o Rallye Terra de Galicia da vindeira semana».

Clasificación Rallymix Portas – Clase B Carrozados

Pos. Piloto Vehículo Tempo
Daniel Remuiñán – Álvaro Cerqueiras Skoda Fabia R5 Evo 33:21.744 s
Francisco Dorado – Andrea Lamas Skoda Fabia RS Rally2 33:31.367 s
Cristian Gil – Ángel Rodríguez Skoda Fabia RS N5 34:41.998 s

Clasificación Rallymix Portas

Pos. Piloto Vehículo Tempo
Antonio López Yacarcross 32:47.032 s
Alfonso Ventín Yacarcross 33:08.169 s
Daniel Remuiñán – Álvaro Cerqueiras Skoda Fabia R5 Evo 33:21.744 s

Info e foto: Daniel Remuiñán

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas