Eloy García: un xalleiro entregado aos demais

O pasado 29 de outubro, a Comunidade Valenciana enfrontouse a unha das traxedias máis devastadoras da súa historia. A DANA (Depresión Aillada en Niveis Altos) deixou máis de 200 vítimas mortais e causou estragos materiais en fogares, vehículos, colexios e espazos públicos. Ante esta situación, a solidariedade chegou de todos os recunchos de España, incluíndo […]
Ata 342 nadadores e nadadoras de 36 equipos lembrarán esta fin de semana a Pedro Luis Fernández Pombo

Representantes da AD Fogar, da Federación Galega de Natación e do Concello de Carballo presentaron o II Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, que se disputará esta fin de semana na piscina municipal Carballo Calero. Como dixo o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, “un pobo ten que lembrarse sempre das persoas que contribúen a crear sentimento […]
O Baxi Ferrol quere seguir en Europa tras un novo partidazo

O Baxi Ferrol deixou moi de cara a eliminatoria tras arrasar no encontro de ida do playoff da EuroCup Women ao conxunto belga do Royal Castors Braine por 83-58 na noite máxica do Pavillón da Malata. O Pavillón da Malata volveu ser o escenario das grandes citas europeas co Baxi Ferrol como protagonista da escena […]
O novo campo de fútbol 8 do complexo deportivo das Eiroas xa está listo para a estrea

O alcalde, Evencio Ferrero, asistiu ao acto de recepción da obra do novo campo de fútbol 8 do complexo deportivo das Eiroas, que permitirá dar resposta a elevada demanda existente. Este terceiro campo está unido aos outros dous para poder aproveitar os edificios e servizos cos que conta o complexo. Dentro do mesmo proxecto incluíuse […]
Carballo acolle este venres a gala dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizada por Agaxede

A Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) celebra este venres 13 en Carballo a gala de entrega dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva. O acto comezará ás 20.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura, pero xa desde as 17.30 horas celebrarase nese mesmo edificio o II Encontro de xestión deportiva de Galicia, que […]
O Baxi Ferrol levou a vitoria na gran noite de Moira Joiner e Claire Melia

O Baxi Ferrol levou unha merecida vitoria por 67-54 ante o Movistar Estudiantes, selando o segundo triunfo consecutivo e cunha gran noite dunhas inspiradas Claire Melia, con 17 puntos, e Moira Joiner, con 18. A noite do sábado o Pavillón da Malata volveu lucir os decorados da liga Feminina Endesa con motivo da undécima xornada […]
O Family Cash Alzira cortou a boa dinámica de O Parrulo

O Pavillón da Malata acolleu o vibrante e intenso choque entre O Parrulo e o Family Cash Alzira que se saldou coa vitoria dos visitantes por 2-3. Coa espiña da eliminación da Copa Galicia a mans do Stellae, O Parrulo volvía ao rodo co obxectivo de manter a boa dinámica de catro partidos puntuando na […]
A xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwondo ITFU reunirá en Carballo a 250 deportistas

Carballo acolle esta fin de semana a xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwondo ITFU, que reunirá no concello carballés a 250 deportistas de todo o territorio galego. O club Chong, que exerce como anfitrión, contará con 57 representantes nas diferentes categorías, con idades que abranguen desde os seis ata os 29 anos. Álex […]
Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como Iria Fontáns, Irene Cela, Laura Doce ou o técnico Javi Leira. Lucía opina que “é un grupo moi unido e desde que cheguei sentinme moi arroupada por todas e a […]
Borja e Bruno: os candados do Meirás CF

Gran parte da “culpa” da boa traxectoria do Meirás CF recae en Borja Sedes, gardián titular da meta do líder do grupo Ferrol da Segunda Futgal e que encaixou, ata o momento, só catro tantos ante o Moeche, Narón O Freixo, Rosalía e Cebarca. Ademais, cando o seu lugar o ocupou Bruno Penas, con tres […]