Balo: “Aquí danme a oportunidade de xogar máis ofensiva”

Antía Delgado Vázquez (Ferrol, 2001), coñecida como Balo, estréase esta tempada en O Val como centrocampista ofensiva, disposta a converterse no motor creativo do equipo.

Cunha traxectoria que combina talento e experiencia, a ferrolá deixou a súa pegada en varios clubes como o Portuarios, Orzán, Dépor, Viaxes Interrías e Friol, e no fútbol sala na Fervenza.

Dotada dunha técnica depurada, chegada letal dende segunda liña e unha visión táctica que lle permite conectar con calquera compañeira, Balo representa a esencia dunha mediapunta moderna, sendo imprevisible, incisiva e xeradora de oportunidades. Non só reforza a medular valexa, senón que eleva o nivel competitivo do equipo, achegando creatividade, chegada e espírito de liderado en cada balón que toca.

Que che motivou a unirte ao Val esta tempada?
Despois de varios anos fóra de casa, tiña ganas de volver. Xa me contactaban do club noutras tempadas, e nesta aceptei a proposta porque é un gran club.

Con que compañeira enténdesche mellor no campo e por que?
Tento entenderme máis ou menos con todas, durante os partidos falámonos moito para facelo o mellor posible.

Que sensación dáche ser a goleadora do equipo?
A sensación é agradable e de sorpresa á vez, xa que toda a miña vida a miña posición no campo era máis defensiva e aquí danme a oportunidade de xogar máis ofensiva.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas