Desde a cidade naval divísase a figura de Javier Sanmartín Miramontes (Ferrol, 1999), un sentinela da medular do Somozas que cumpre a súa cuarta tempada no club.
Criado futbolísticamente na canteira do Racing, chegou a vestir as cores do primeiro equipo, ademais de que a súa traxectoria formativa levoulle polos xuvenís do Celta ata recalar no Fabril.
Javi Sanmartín non é só un nome na aliñación somocense, é o compás do centro do campo e un líder portando o brazalete da capitanía que irradia xerarquía e sostén. Centrocampista de galóns, conta coa total confianza do seu técnico para dar equilibro e intelixencia táctica, achegando pausa cando o partido arde e entrega cando o céspede esixe sacrificio.
Como ves ao equipo esta tempada?
Este ano o equipo é unha marabilla a verdade. Xuntouse un moi bo grupo e eu creo que estamos a gozar moito todos da tempada.
Que destacarías máis destes catro anos no Somozas?
O que máis destaco do club é a xente que o forma e o trato que recibes. É un club moi familiar no que che sentes sempre moi arroupado. Creo que é un club perfecto para xogadores novos que queiran crecer como futbolistas e dar o salto.
Hai algún rival que che motive especialmente?
A verdade que non. Ao equipo, máis que os rivais, motívanos o desafío de poder conseguir algo bonito este ano, de poder cada día mellorar e chegar nas mellores condicións a final de tempada.
Foto: sadmoody241




