BALONMÁN XIRIA: Moncho Canosa incorpórase ao equipo

O adestrador de Camariñas Juan Canosa Fateira, “Moncho”, que estudou Ciencias da Educación, bo coñecedor do balonmán e con titulo nacional, xa viña colaborando activamente con Adrián Dubra, dende agora xa de xeito oficial.

A incorporación de Moncho ao Balonmán Xiria será progresiva, xa que debe compaxinar esta colaboración cos seus actuais compromisos laborais.

Persoa moi recoñecida en Xiria, polo que desde o conxunto carballés din: “Agardamos teña dispoñibilidade futura, para poder integrarse no corpo técnico, e co Club Balonmán Camariñas aumentar e dinamizar a actividade do balonmán nas bisbarras de Bergantiños, Soneira e Fisterra”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas