DIEGO ANTELO: En constante progresión

O central Diego Antelo Campos (Carballo, 2003) está a callar unha gran tempada nas filas do Balonmán Xiria Calvo na Primeira División Nacional de balonmán.

Nesta a súa segunda tempada co primeiro persoal e baixo as ordes de Adrián Dubra, o xogador móstrase sobre a cancha con moito talento para plasmar o xogo e interpretar perfectamente o que o preparador quere e desexa do seu equipo. Entre as moitas calidades que mostra e atesoura Diego Antelo está a súa entrega total. Iso unido a unha gran capacidade no un contra un ou a súa visión de xogo, fai que estea en constante progresión na formación carballesa. Ademais é un gran defensor. E nunca renuncia, grazas ás súas boas calidades, a subir ao contraataque. É dos que non rehúsa loitar coas defensas rivais. Aínda que tal vez, a mellor calidade que pode definir a Diego é a súa capacidade de liderado e de organizar ao equipo con rapidez. Outro apartado, que non se pode obviar, é que sempre elixe a mellor decisión en favor do equipo. Tampouco estaría fóra de contexto dicir que é a extensión do adestrador sobre a cancha.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),