BARCA TOBA: A última machada, conquista Portugal sobre rodas

Non para de sumar experiencias incribles a súper deportista muxiá Barca Toba. O seu último reto ata o momento tivo lugar en ciclismo, participando na primeira gran volta da súa, aínda, curta traxectoria no deporte.

O fixo na Volta a Portugal xunto ao seu Louriña Cycling Team, co que conseguiu un máis que meritorio posto 35 na clasificación xeral tras as catro etapas. “O noso obxectivo era lograr rematar a volta enteira, porque había que ir superando cortes das etapas e non era doado”, di Barca. Comezou moi ben na rápida primeira etapa, sufriu máis co tramo de montaña na segunda e logrou a súa mellor actuación na terceira, unha contra reloxo individual con duros desniveis na que foi décimo sexta, chegando preto das primeiras clasificadas, que a diferencia da muxiá, competiron cunha bicicleta especial para cada tipo de etapa.

Tras ese magnífico resultado, chegou moi cansa a última proba, que xusto era a máis longa e dura. “Foi a que peor me saíu”, lamenta unha Barca que chegou no posto 40, o que lle fixo baixar un pouco na clasificación xeral. “Dame un pouco de mágoa porque creo que podía facer top 30, pero sérveme para aprender que debo dosificar máis os esforzos. De todas formas, poder rematar déixame contenta, orgullosa e con moi bo sabor de boca, o que fai que teña moitas gañas de participar nalgunha outra volta grande”, conclúe. O equipo, un dos máis modestos da competición, tamén fixo un gran papel logrando meterse no top 10.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas