BASKET XIRIA: Novos reforzos

O Basket Xiria reforzouse coas chegadas do escolta Juanín Rey, do aleiro Santiago Martínez e do á-pivote Diego Val.

JUAN REY SÁNCHEZ «JUANÍN» (SANTIAGO DE COMPOSTELA · 1996)

O xogador compostelán ven a cubrir un dos postos de escolta do equipo, na súa volta a xogar en Galicia e sumará a súa experiencia en Liga EBA (8 tempadas). Ademáis formará parte do equipo de adestradores da Escola Basket Xiria.

É un escolta cunha boa visión de xogo, gran defensor e bo coñecedor da liga. A súa experiencia e xogo acompañarán oa CALVO BASKET XIRIA nesta tempada en Liga EBA para deleite dos siareiros carballeses.

Xogador con ampla experiencia, coma atesouran as súas oito tempadas na Liga EBA, en equipos Galegos, coma Baloncesto Narón ou CB Culleredo e nas ultimas tempada fora de Galicia (Castellón e Ciudad Real).

Juanín tamén formará parte do corpo técnico de adestradores, comandado por Arturo Ferraces, e adestrará os conxuntos de base do Club, nas categorías Infantil e Cadete masculino.

Traxectoria Deportiva:
Xogador CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA). Escola Basket Xiria. Tempada actual 2022/23 – 1º ano no Club.
Xogador de Inalco Alcora Caixa Rural – Liga EBA. Tempadas 2020/21.
Xogador de Autocares Rodríguez Daimiel – Liga EBA. Tempada 2019/20.
Xogador de CB Culleredo – Liga EBA. Tempadas 2017/18 e 2018/19. Costa Ártabra – 1ªAutonómica . Tempada 2016/17
Xogador de Narón Baloncesto – Liga EBA. Dende temp. 2012/13 a 2015/16

SANTIAGO MARTÍNEZ GRANDA (A CORUÑA · 2004)

Ten experiencia en dinámica LEB ouro desde a tempada pasada. A fichaxe de Santi Martínez para a posición de aleiro dá paso á incorporación dun xoven xogador con proxección no basquet galego que vén a xogar e sumar unha nova incorporación ao Basket Xiria da man do Basquet Coruña SAD.

Xogador de canteira dos coruñeses, a tempada pasada sendo sénior de primeiro ano xa estivo en dinámica de adestramentos de LEB Ouro, pero unha lesión o tivo apartado case toda a tempada. Xa recuperado e cun gran nivel de forma, esta ano debutará en Liga EBA co noso equipo e alternará tamén os adestramentos co Basquet Coruña, para completar a súa formación deportiva.

DIEGO VAL GUTIÉRREZ (A CORUÑA · 2002)

Xogador que xa estivera en dinámica de adestramentos do Basket Xiria en anteriores etapas en Liga EBA, este ano por fin formará parte ao 100% do equipo carballés para cubrir a posición de á-pivote e aportar o seu xogo e altura, para seguir gañando experiencia e mellorando.

Este xogador coruñés con traxectoria na canteira de Basquet Coruña, pero que a tempada pasada estivo no CTEIB BASQUET (Centro de Tecnificación deportiva de Islas Baleares), tamén pasou por outros equipos como o CB Culleredo.

Info e fotos: Basket Xiria

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas