BAXI FERROL: Arrincou o novo proxecto

O Baxi Ferrol deixou boa imaxe onte no seu primeiro amigable da pretemporada onde o resultado foi o de menos, con derrota do conxunto ferrolán ante o Durán Maquinaria Ensino por 50-63 no Pavillón A Malata.

As de Lino López demostraron unha gran capacidade física presionando todo o partido ás rivais, tendo tramos durante o encontro en que non se atisbaba a diferenza de categoría entre ambos os conxuntos, con transicións rápidas de balón e un xogo moi vistoso para o espectador.

O primeiro cuarto terminou moi igualado cun resultado de 12-14 que se incrementaría no segundo cuarto co marcador de 20-28. No terceiro cuarto, o Baxi Ferrol achegaríase deixando o resultado en 44-45 e finalmente, no último cuarto, o Ensino distanciaríase ata o marcador final de 50-63.

Julieta Mungo foi a máxima anotadora do conxunto ferrolán con 10 puntos, mentres que nas rivais a máxima realizadora foi Blanca Millán con 18 puntos.

O próximo amigable do Baxi Ferrol será o domingo 18 de setembro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal Rianxo ante o Celta Zorka Recalvi.

BAXI FERROL: Claudia Soriano (5), Ángela Mataix (7), Irene Garí (-), Julieta Mungo (10), Marianne Kalin (2), Marta Gómez (3), Nevena Dimitrijevic (4), Patricia Soler (8), Jessica Fequiere (5) e Andrea Boquete (6).

DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Ane Olaeta (2), Alba Prieto (9), Lorena Segura (5), Margaret Roundtree (9), Lydia Giomi (14), Blanca Millán (18), Esther Castedo (-), Laura Aliaga (6) e María Martiáñez (-).

RESULTADO: 50-63 (12-14; 20-28; 44-45; 50-63).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia