BAXI FERROL: Xogará a final da Copa Galicia

O Baxi Ferrol venceu ao CB Arxil por 89-61 e xogará a final da Copa Galicia ante o Ensino o domingo ás 12:00 horas no pavillón A Malata.

Moi boa imaxe das de Lino López que en cada partido dan un paso máis adiante de cara ao inicio da tempada e nesta ocasión derrotaron a un gran CB Arxil que plantou cara.

O Baxi dominou os catro cuartos demostrando superioridade tanto en defensa como en ataque, con transicións rápidas, acerto no tiro exterior e intensas nas tarefas defensivas, como demostran os 38 rebotes (19 defensivos e 19 ofensivos) do conxunto ferrolán, 6 deles logrados por Jenna Allen e outros 6 por Marta Gómez.

Na faceta dos triplos, Nevena Dimitrijevic e Claudia Soriano lograron 3 cada unha cun porcentaxe de acerto do 50%, ambas as dúas xogadoras lograron 3 de 6 lanzamientos desde a liña dos 3 puntos.

Claudia Soriano foi a máxima anotadora do Baxi e do partido con 17 puntos, xunto á xogadora do CB Arxil, Nerea Lista, que tamén sumou 17 puntos na súa conta persoal.

Deste modo, o Baxi xogará ante o Ensino, que tamén venceu a súa semifinal ante o Celta Zorka Recalvi por 84-58, o domingo ás 12:00 horas no pavillón A Malata.

RESULTADO: Baxi 89-61 Arxil

BAXI FERROL: Claudia Soriano (17 puntos), Nevena Dimitrijevic (11), Irene Garí (6), Patricia Soler (-), Ángela Mataix (11), Julieta Mungo (7), Marta Gómez (2), Marianne Kalin (4), Jèssica Fequiere (12), Andrea Boquete (9) e Jenna Allen (10).

CB ARXIL: Andrea Glomazic (4), Carolina Bernardec (12), Aldara Vázquez (-), Aratxa Fernández (-), Miriam García (3), Carla Vázquez (-), Nena Trajchevska (11), Cristina Díaz-Pache (5), Margarita Moreira (9), Mara Abreu (-) e Nerea Lista (17).

CUARTOS: 21-12, 43-29, 65-46 e 89-61.

ÁRBITROS: Piñeiro, Escariz e Esteban. Pitaron un total de 32 faltas, 16 para cada equipo.

INCIDENCIAS: O Pavillón A Malata acolleu a uns 800 afeccionados na segunda semifinal da Copa Galicia.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas