Carballo presenta a Copa Galicia EBA, que se disputará o vindeiro Domingo 2 de outubro ás 12h, entre o Calvo Basket Xiria e o Ucoga CB Chantada.
O Alcalde Evencio Ferrero, acompañado polo presidente da Xunta Xestora da Federación Galega, Francisco Martín, coincidiron na festa do baloncesto que imos vivir este domingo no Pavillón carballés e intercambiaron palabras de encomios e recoñecemento mutuo, así coma un recordo común ao ex-tesoureiro da FGB, o carballés Ricardo Méndez.
Comezaba a presentación da final da Copa Galicia EBA, o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, agradecendo á Federación Galega de Baloncesto (FGB), a concesión deste partido oa Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria. Ao mesmo tempo desexaba que o equipo local siga con este nivel demostrado, non só neste partido, se non durante toda a tempada e remataba desexando sorte a ámbolos dous equipos e a poder ser que os locais se levasen o triunfo.
De seguido collía o quenda da palabra o presidente de Basket Xiria, Primitivo Reguera, facendo un chamamento para que este domingo os carballeses e bergatiñáns, enchan o pavillón e veñan apoiar ó Calvo Basket Xiria, xa que a entrada é gratuíta. Remataba coa seguridade que viviremos un emocionante encontro e agradecía que unha vez máis a “festa de baloncesto” estará na nosa vila da man do Concello de Carballo e a Federación Galega de Baloncesto.
A continuación o Presidenta da Xunta Xestora da FGB, Francisco Martín, comeza a súas palabras tendo un recordo para o carballés Ricardo Méndez, ex-tesoureiro da Federación, amigo persoal seu e do Alcalde de Carballo. De seguido agradecía oa Concello de Carballo pola acollida desta final da Copa Galicia EBA e felicita ao club local polo inicio de tempada, a clasificación para xogar esta final e a volta á Liga EBA.
Remataba o Sr. Alcalde, tamén palabras de recordo para Ricardo Méndez, felicitando ó equipo do Calvo Basket Xiria, agradecía á Federación Galega de Baloncesto por contar con Carballo para organizar esta final, que disputará o equipo local contra o C.B. Chantada, este domingo 2 de outubro, ás 12h. no Pavillón Vila de Noia, e desexaba que se vivise un gran ambiente deportivo e tódolos asistentes desfrutaramos dun gran encontro de baloncesto.
Info e imaxes: Basket Xiria