BAXI FERROL: Iniciou a tempada con vitoria

O conxunto ferrolán comezou a tempada 2022/23 na Liga Challenge vencendo por 77-72 ante un Vantage Towers Alcobendas que non puxo as cousas fáciles.

No primeiro cuarto, o Baxi mostrou a súa mellor versión en ataque e en defensa, sumando un 12-0 de parcial nos primeiros minutos, cun gran porcentaxe de acerto de cara á canastra e sendo moi superiores ás súas rivais, terminando o cuarto con 20 puntos de vantaxe cun resultado de 31-11.

No segundo cuarto, as cousas foron similares, cun Baxi intenso, con velocidade e cun Alcobendas que mellorou os seus números, pero non lograba achegarse no marcador, chegando ao descanso coas locais cunha vantaxe de 19 puntos arriba co resultado de 48-29.

Tras o descanso, o terceiro cuarto ambos os equipos continuaban co mesmo ritmo do terceiro, o Alcobendas trataba de reducir as distancias, pero o Baxi controlaba o xogo e non cedía terreo, mantendo a mesma vantaxe de 19 puntos de diferencia e chegando ao último cuarto co resultado de 66-47.

Neste último cuarto, o Baxi sufriu máis da conta, baixando o porcentaxe de acerto e presión defensiva e provocando que as rivais metéranse novamente no partido e ofreceran un final do encontro moi axustado, no que as locais finalmente lograron a vitoria ante un rival forte como o Alcobendas por 77-72.

RESULTADO: Baxi Ferrol 77-72 Vantage Towers Alcobendas

BAXI FERROL: Patricia Soler (6 puntos), Ángela Mataix (10), Jèssica Fequiere (15), Andrea Boquete (3), Jenna Allen (13); Claudia Soriano (8), Nevena Dimitrijevic (6), Irene Garí (6), Marta Gómez (3), Marianne Kalin (7), Julieta Mungo (-).

VANTAGE TOWERS ALCOBENDAS: Marta Aranda (0), Clara Rodríguez (13), Rachel Howard (20), Lucía Togores (14), Paula Justel (4); Lucía Gutiérrez (6), Inés Santibáñez (2), Marta Blanco (8), Jimena Lorenzo (0), Carmen Leal (0), Laure Fourcade (5).

CUARTOS: 31-11, 48-29, 66-47 e 77-72.

ÁRBITROS: Laura Piñeiro Amondaray e Jaime Enrique Álvarez-Ossorio Varela. Sinalaron un total de 41 faltas, 19 das locais e 22 das visitantes.

INCIDENCIAS: O Pavillón A Malata acolleu o sábado 01 de setembro ás 17:00 horas a primeira xornada da LF Challenge de 2022/23.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).