BASKET XIRIA: Xogará en Carballo a final da Copa Galicia EBA 22/23 contra o Ucoga CB Chantada

A Federación Galega de Baloncesto, concede ao Concello de Carballo e á Escola Basket Xiria a celebración da final da Copa Galicia EBA que terá lugar no Pavillón Vila de Noia o vindeiro domingo 2 de outubro ás 12:00 horas.

Ambos os dous conxuntos chegan como primeiros clasificados de grupo, con tres vitorias cada un e decidirán ao campión desta edición na tempada 2022/23.

O conxunto chantadino, campión consecutivo das últimas catro edicións da Copa Galicia EBA, será o rival para bater, xa que o Calvo Basket Xiria, como equipo recentemente ascendido, ten menos experiencia. A pesar do gran inicio que están a facer os xogadores de Héctor Méndez, atoparanse un gran bloque no equipo rival, que xa leva anos sendo uns dos mellores da categoría.

Desde a Escola Basket Xiria, agradecen o apoio do Concello de Carballo, para acoller esta final da Copa Galicia EBA e podela organizar na vila, para que todos os carballeses e bergantiñáns poidan arroupar ao Calvo Basket Xiria neste partido e sexa un punto inicial para seguir dando ánimos durante toda a tempada ó equipo, na súa volta á categoría estatal no Grupo AB da Liga EBA. Tamén agradécese a confianza que a Federación Galega de Baloncesto, ben a depositar na entidade, para celebrar en Carballo esta final, que será retransmitida pola canle de YouTube da FGB.

A presentación deste partido da final da Copa Galicia EBA, farase no Concello de Carballo o vindeiro mércores 28 ás 12:30h e contará coa presenza do Presidente da FGB, D. Francisco Martín; o Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deportes, D. Marcos Trigo e o presidente da Escola Basket Xiria, D. Primitivo X. Reguera.

Info: Basket Xiria

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,