O Baxi Ferrol proclamouse campión da Copa Galicia, por segunda vez consecutiva e sétima na súa historia, tras superar ao Ensino Lugo por 54-50.
Gran vitoria do Baxi na mañá de onte cun terceiro cuarto espectacular no que as de Lino López marcháronse ao último cuarto con 14 puntos de vantaxe sobre os seus rivais.
O primeiro cuarto estivo moi nivelado e caeu ao lado ferrolán cun axustado 9-7. Ambos os equipos mostráronse moi fortes defensivamente e con pouco acerto para a canastra e o Baxi logrou un 7-0 para irse ao seguinte cuarto por diante.
No segundo cuarto, ambos equipos melloraron a súa porcentaxe de tiro e nesta ocasión o marcador foi favorable para o Ensino co resultado de 19-21. A xogadora visitante, Paula Ginzo, estaba a ser a máxima anotadora do encontro con 8 puntos, mentres que nas locais, Jessica Fequiere iría o descanso sumando 7 puntos.
Tras o descanso, o Baxi mostrou moita superioridade, con transicións rápidas, moita solidez defensiva e gran acerto anotador. Claudia Soriano, con 12 puntos, e Jessica Fequiere, con 13, lideraron este tercer cuarto no que o conxunto ferrolán marchou ao último cuarto cun resultado de 45-31.
No último cuarto, o Ensino non baixou os brazos e apretou ata o final, acercándose nos últimos cinco minutos no marcador ata rematar o partido coa vitoria do Baxi por 54-50, e por conseguinte, o título de campión da Copa Galicia tras ofrecer unha gran imaxe durante o campionato.
RESULTADO: Baxi 54-50 Ensino
BAXI FERROL: Claudia Soriano (12 puntos), Nevena Dimitrijevic (5), Irene Garí (5), Patricia Soler (5), Ángela Mataix (2), Julieta Mungo (0), Marta Gómez (0), Marianne Kalin (2), Jèssica Fequiere (13), Andrea Boquete (3) e Jenna Allen (7).
ENSINO LUGO: Ane Olaeta (0), Alba Prieto (9), Lorena Segura (5), Esther Castedo (0), Paula Ginzo (22), Blanca Millán (11), Laura Aliaga (3), Lydia Giomi (-), María Martíañez (-), Carmen Suárez (-), Lucía Sotelo (0) e Naroa Martínez (-).
CUARTOS: 9-7, 19-21, 45-31 e 54-50.
ÁRBITROS: Paula Lema, Guillermo Ríos e Jacobo Rial. Sinalaron un total de 31 faltas, 17 das locais e 14 das visitantes.
INCIDENCIAS: O Pavillón A Malata acolleu o domingo 25 de setembro ás 12:00 horas a final da Copa Galicia.