BASKETMI: Reforzouse con fichaxes e buscará realizar unha gran tempada

O Basketmi está a prepararse para disputar esta tempada 2022/23 a poderosa División de Honra na que o equipo ferrolán estará acompañado por 11 equipos: Amivel Reyes Gutiérrez, UCAM Murcia BSR, Iberconsa AMFIV, Fundación Aliados, Mideba Extremadura, Joventut BCR, CD Ilunión, Fundación FDI Villa de Leganés, Econy Gran Canaria, BSR Amiab Albacete e Bidaideak Bilbao BSR.

O Basketmi reforzouse coa chegada do sevillano de 29 anos, Alberto Ávila, procedente do conxunto Dos Hermanas, do internacional boliviano Renato Gómez, de 23 anos e que procede do BSR Vistazul, do internacional colombiano Juan Pablo Escobar, de 21 anos e do internacional brasileiro Anderson Ferreira procedente do Kings de Maringá. Catro xogadores que desde o club ferrolán definen como veloces, moi traballadores e disciplinados.

O equipo ferrolán dirixido por José Manuel Teijido disputará a primeira xornada o 1 de outubro ás 18:00 horas visitando o Pavillón Paco Aguilar para medirse ao conxunto andaluz Amivel Reyes Gutiérrez.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),