BAXI FERROL: Novo proxecto para afrontar a tempada 2022/23 na Liga Challenge

As oficinas do Baxi Ferrol tiveron moito movemento este verán.

No plano de patrocinios, Jaume Alcover, director de Marketing da compañía en solucións de climatización e auga quente sanitaria, BAXI, confirmou que continuarán patrocinando ao club na tempada 2022/23. En canto ao plano deportivo, traballouse en confeccionar un novo proxecto co que loitar polo ascenso na Challenge para devolver ao club á Liga Feminina Endesa.
O Baxi Ferrol dispoñerá dun equipo case novo, no que só tres xogadoras da pasada tempada repetirán: Jenna Allen, Irene Garí e a canteirá Sonia Bra, que seguirá na dinámica do primeiro equipo e do filial na primeira autonómica.

Na listaxe de baixas, Patricia Cabrera e Alicia Villegas anunciaron a súa retirada, e ademais, non continuarán no equipo o preparador físico Sergio Jaurena, a segunda adestradora Sandra Prieto e as xogadoras Suné Swart, Dynn Leaupepe, Carmen Grande, Natalia Rodríguez, Milica Ivanovic e Taylor Koenen.

Para suplir estas baixas, o club fichou a 9 xogadoras: Julieta Mungo, Andrea Boquete, Patricia Soler, Ángela Mataix, Nevena Dimitrijevic, Jessica Fequiere, Claudia Soriano, Marta Gómez, Marianne Kalin, ademais do preparador físico, Joan Fuster.

Así, o conxunto de Lino López comezará a súa andaina na liga Challenge o sábado 1 de outubro, recibindo no Pavillón Municipal A Malata ao Vantage Towers Alcobendas ás 19:00 horas, aínda que o horario pode estar suxeito a cambios e/ou correccións.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas