O Baxi non puido sumar a novena vitoria tras caer por 50-58 ante o La Cordá de Paterna NB.
O Baxi comezou o partido co quinteto formado por Ángela Mataix, Julieta Mungo, Andrea Boquete, Marta Gómez e Marianne Kalin, mentres que polo La Cordá de Paterna NB saíron Clara Che, Virginia Sáez, Itziar Germán, Emily Kalenik e Laia Monclova.
O primeiro cuarto foi moi nivelado, con ambos os dous equipos anotando e non deixando que as rivais sacaran vantaxe. O Baxi mostraba moita solidez, pero as rivais non quedaban atrás logrando irse con 2 puntos de vantaxe ao seguinte cuarto co resultado de 16-18.
No segundo cuarto a cousa non mellorou, cun Baxi que non estivo moi acertado ofensivamente, mentres que o Paterna lograba pouco a pouco ampliar a vantaxe no marcador con gran acerto desde a liña de tres ata chegar cunha vantaxe de 9 puntos co resultado de 25-34. As máximas anotadoras neste momento eran Marta Gómez polo Baxi con 6 puntos e Virginia Sáez polas visitantes con 10 puntos.
Durante gran parte do terceiro cuarto a vantaxe non se lograba reducir, pero houbo reacción do Baxi nos últimos minutos no que o acerto desde a liña de tres e a intensidade defensiva notáronse, facendo que o público empuxase ao equipo con cada canastra ata marchar ao final do cuarto perdendo por tan só 3 puntos co resultado de 43-46.
No último cuarto o Baxi buscaba poñerse por diante, chegando a estar un punto por debaixo, pero non lograría superar esa barreira e nos minutos finais as visitantes ampliarían a vantaxe ata rematar o partido por 50-58 coa primeira derrota da tempada do Baxi tras 8 xornadas consecutivas invictas.
RESULTADO: Baxi Ferrol 50-58 La Cordá de Paterna NB
BAXI FERROL: Ángela Mataix (5), Julieta Mungo (7), Marta Gómez (6), Andrea Boquete (5), Marianne Kalin (6), Claudia Soriano (9), Nevena Dimitrijevic (0), Irene Garí (3), Patricia Soler (4), Jenna Allen (5) e Jessica Féquière (-).
LA CORDÁ DE PATERNA NB: Clara Che (13), Virginia Sáez (14), Itziar Germán (8), Emily Kalenik (5), Laia Monclova (3), Paula López (3), Noa Morro (8) e Lucía Navarro (4).
CUARTOS: 16-18, 25-34, 43-46 e 50-58.
ÁRBITROS: Alejandro Pellitero González e Manuel Andrés Seijo Vázquez. Sinalaron un total de 36 faltas, 20 das locais e 16 das visitantes.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á novena xornada da Liga Challenge celebrado no pavillón de A Malata.