O Basket Xiria xogou onte a final da Copa Galicia EBA 2022 en Carballo, ante un pavillón cheo de seguidores, pero enfronte estivo un gran equipo, o Ucoga CB Chantada, que proclamaouse campión por quinta vez consecutiva.
Eran as 11:30h e abríronse as portas do Pavillón Vila de Noia, cunha cola de seguidores que recollían o seu pan de Carballo, por cortesía do Grupo Dimolk, e comezaban os prolegómenos do partido. Logo de escoitar o himno galego, gardouse un minuto de silencio en memoria do pai de Víctor Fernández, adestrador-axudante do Calvo Basket Xiria.
Excelente ambiente na grada, cuns 300 seguidores, unha fermosa decoración verde e branca, con globos e outros adornos que organizaron as nais e pais dos equipos das categorías de base do club, e sorteos de agasallos no descanso, aportados por Deportes San Remo, Tiro Libre SCQ, Basquet Coruña e Basket Xiria.
Xa desde os primeiro minutos, ambos os equipos mostrábanse dubitativos, con erros en tiros claros e baixo marcador neste cuarto (8 – 16), no que o CB Chantada comeza a impoñerse cunha gran dirección de xogo dos seus bases. No segundo tempo, logo dos minutos iniciais, o Calvo Basket Xiria foi capaz de desenvolver o seu xogo en defensa e ataque, para levarse este parcial (16 – 15), e así chegar ao descanso con 26 a 31 no marcador.
Comezou a terceriro tempo, cunha tónica moi similar ao inicial, cun Basket Xiria moi metido no partido, chegando a colocarse a 1 punto (30-31), pero cun baixo porcentaxe de acerto. Aínda que os de Chantada non conseguían marcharse no electrónico, tampouco os carballeses achegábanse demasiado, rematando este tempo parcial (13 – 18) a favor do Ucoga Chantada por 39 a 49 puntos ao final deste terceiro cuarto.
No último cuarto os visitantes apretaron e chegaron a ter a vantaxe máxima de 18 puntos, momento no cal o Calvo Basket Xiria xoguou uns momentos brillantes, pero que non se puido completar a xesta, a pesar de gañar este ultimo parcial (15 – 14). Rematou o partido co resultado de 54 a 63 favorable ao Ucoga CB Chantada, que se proclamou de novo campión da Copa Galicia EBA.
Ao final do encontro entregáronse as copas de subcampión e campión desta edición da Copa Galicia EBA Carballo 2022 da man de Susana Fernández (Secretaria Xeral da Comisión Xestora da FEGABA) e recollía o trofeo, en nome do Calvo Basket Xiria, o capitán Asier Comendeiro. Os gañadores, recibiron a copa da man do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, sendo recollida polos capitáns Cristian Iglesias e Carlos Noguerol. Xa por último, o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, facía entrega do galardón ao MVP, Cristian Iglesias, con 23 puntos de valoración.
CALVO BASKET XIRIA: Álex Iglesias (6 puntos), Asier Comendeiro (9), Antonio López-Pizarro, Juan Rey, Pau Isern (17), Martín Suárez, Rubén Rey (11), Santi Martínez (4), Diego Val (2) e Pablo López-Pizarro (5).
UCOGA CHANTADA: Anxo Iglesias, Aarón Gómez (6), Daniel Fernández (7), Carlos Noguerol (11), Marcos Bella (1), Bruno Fernando (-), Alioune Senghor (-), Alain Vázquez (-), Manuel Ruano (4), Alejandro Rodríguez (6), Hugo Rey (16) e Cristian Iglesias (12).
Info e imaxe: Basket Xiria