BAXI FERROL: Líderes con pleno de vitorias

O Baxi suma a terceira vitoria consecutiva das tres xornadas disputadas e lideran a clasificación da Liga Challenge.

O conxunto ferrolán venceu na terceira xornada ao Club Joventut Badalona por 65-54, logrando o pleno de vitorias nas primeiras tres xornadas da tempada e ocupando o primeiro posto da clasificación con 1 punto de vantaxe sobre as segundas clasificadas.

Bo inicio do Baxi no primeiro cuarto no que mostrou maior intensidade, tanto a nivel ofensivo como defensivo, que as súas rivais. O conxunto local lograba unha vantaxe de +10 de puntos co resultado a favor de 20-10.

No segundo cuarto as locais non levantaron o pé do acelerador e mantiveron o ritmo, así como a vantaxe no marcador, con gran acerto de cara á canastra e chegando ao descanso con +11 arriba co marcador de 30-19.

Tras o descanso, o conxunto catalán mellorou nas prestacións ofensivas e pouco a pouco reduxo o marcador ata poñerse a 7 puntos do Baxi, que remataba o terceiro cuarto co resultado de 44-37.

O último cuarto chegou con intercambio de canastras entre ambos os conxuntos nos primeiros minutos e pouco a pouco as locais foron dominando o partido ata impoñerse por unha vantaxe de +11 e rematando o partido 65-54, sumando a terceira vitoria consecutiva.

RESULTADO: Baxi Ferrol 65-54 Club Joventut Badalona

BAXI FERROL: Claudia Soriano (3), Nevena Dimitrijevic (0), Irene Garí (0), Patricia Soler (10), Ángela Mataix (14), Julieta Mungo (4), Marta Gómez (2), Marianne Kalin (4), Jèssica Fequiere (9), Andrea Boquete (8) e Jenna Allen (11).

CLUB JOVENTUT BADALONA: Alba Orois (0), Margarita Davydova (4), Dominique Toussaint (6), Laura Piera (4), Marina Aviñoa (6), Aleksandra Parkenzka (2), Gala Mestres (16), Mariona Teixido (0), Mar Pacheco (2) e Latrese Johnson (14).

CUARTOS: 20-10, 30-19, 44-37 e 65-54.

ÁRBITROS: Héctor Sanhermelando García e Iván Escariz Torres. Sinalaron un total de 35 faltas, 16 das locais e 19 das visitantes.

INCIDENCIAS: O Pavillón A Malata acolleu o mércores 12 de outubro ás 18:00 horas a terceira xornada da LF Challenge de 2022/23.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas