O BASKET XIRIA: Afrontará a terceira xornada

O Calvo Basket Xiria disputa a 3ª xornada da Liga EBA en terras asturianas.

O sábado 22 ás 20h comezará o partido da 3ª xornada en Liga EBA, entre o Calvo Basket Xiria, que se enfronta ao Corinto Gijón Basket no Palacio de Deportes Adolfo Suárez e que será o primeiro, dos tres deprazamentos que os carballeses farán a cidade de Gijón.

Esta semana é a primeira saída fora de Galicia, a mellor noticia é que adestráronse con todo ó equipo ao completo, feito que non sucedía dende fai semanas –polas lesións_ e tiveron uns adestramentos de moita calidade, a falta do venres, dedicado á preparación en exclusiva do encontro.

Con respecto ao Gijón Basket, Héctor Méndez comenta que «é unha praza moi complicada, cun equipo que domina o xogo interior, con xogadores importantes. Ademais os xoves
xogadores exteriores, teñen un xogo moi vertical e son grandes defensores».

O Calvo Basket Xiria desprazará a todo o equipo ó completo para facerlle fronte ao partido, logo dunha boa semana de adestramentos e sen ningún lesionado. Espérase xogar o de “ti a ti”, fronte a un gran rival e intentar dala sorpresa a modo de triunfo.

Info: Basket Xiria

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,