BAXI FERROL: Novena vitoria consecutiva e quedan cinco xornadas

O conxunto ferrolán imponse ante o Melilla Sport Capital La Salle por 83-62 e conquista a novena vitoria seguida a falta de cinco xornadas por disputarse.

As de Lino López deron un novo paso de fronte ao ascenso directo cunha nova vitoria na 25ª xornada da liga Challenge. As ferrolás saíron co quinteto formado por Ángela Mataix, Marta Gómez, Julieta Mungo, Jessica Féquière e Marianne Kalin. Durante gran parte do primeiro cuarto ambos os conxuntos mantiveron o partido equilibrado, cun Baxi que trataba de abrir brecha no marcador e un Melilla que loitaba por impedilo, ata que nos últimos minutos a balanza caeu ao lado das galegas cun resultado de 19-13.

No segundo cuarto, o Baxi Ferrol quería manter a renda e mesmo ampliala, empregando moita velocidade nos ataques e intensidade en defensa, o que lles valeu para aos poucos incrementar a vantaxe ata chegar ao descanso cun +10 favorable co resultado de 40-30.

Tras a continuación do terceiro cuarto, o Baxi buscou sentenciar o encontro. Cunha defensa férrea e unha alta porcentaxe en acerto, as ferrolás lograron un deixar aos seus rivais con só 7 canastras anotadas, mentres que as locais facían 20 puntos, logrando un resultado no final do cuarto de 60-37 con +23 arriba de vantaxe.

No último cuarto, o Melilla non baixaba os brazos e mellorou as súas prestacións ofensivas, aínda que as locais seguían cun gran ritmo e sen relaxarse, levando o partido a un intercambio de canastras continuo e mantendo unha gran distancia no marcador, que chegaba ao final cun 83-62.

Gran partido do Baxi Ferrol, que sumou a novena vitoria, achegando cada vez máis o ascenso directo á liga Endesa. Anotaron todas as xogadoras do conxunto dirixido por Lino López, sendo Jessica Féquière a que máis puntos logrou con 17, mentres que polas visitantes foi Sofie Preetzmann con 15 puntos.

Tras finalizar o partido, o Baxi Ferrol homenaxeou a Patri Cabrera nun bonito acto no que se lembrou a súa gran traxectoria no conxunto galego e retirouse o dorsal número 8.

Patri Cabrera xunto ás capitás do Baxi Ferrol, Jenna Allen e Irene Garí

RESULTADO: Baxi Ferrol 83-62 Melilla Sport Capital La Salle

BAXI FERROL: Claudia Soriano (10), Nevena Dimitrijevic (8), Irene Garí (3), Ángela Mataix (8), Julieta Mungo (12), Marta Gómez (8), Marianne Kalin (5), Jessica Féquière (17), Andrea Boquete (8) e Jenna Allen (4).

MELILLA SPORT CAPITAL LA SALLE: Sofie Preetzmann (15), Laura Fernández (11), Bojana Stevanovic (10), Ana Jiménez (0), Nuria Ríos (2), Leticia Días (7), Teresa Mbomio (0), Patricia Benet (4) e María Torreblanca (13).

 CUARTOS: 19-13, 40-30 (21-17), 60-37 (20-7) e 83-62 (23-25).

ÁRBITROS: Alejandro Pellitero González e Sergio Eduardo González Morán. Sinalaron un total de 33 faltas, 15 das locais e 18 das visitantes.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 25ª xornada da Liga Challenge celebrado no pavillón de A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas