Asier Comendeiro renova polo Calvo Basket Xiria para disputar unha nova tempada na Liga EBA.
Vai ser a 4º tempada do ala-pivot coruñés en terras carballesas, na que o CALVO BASKET XIRIA recupera a categoría nacional e onde Asier volverá a demostrar a súa valía e polivalencia coma xogador exterior e interior.
Asier Comendeiro Rodríguez (A Coruña · 1996), tras a gran tempada realizada en 1ª Autonómica, sendo o xogador do equipo con mellores porcentaxes e valoración global, o xogador criado en categorías base do Liceo la Paz, volverá ser unha peza importante no organigrama do Calvo Basket Xiria para a vindeira tempada 2022/23. Xogador polivalente que pode xogar de interior, dada a súa soltura baixo taboleiros, pero que tamén o fai coma exterior, adaptándose á que foi a súa posición natural e polo tanto converterse nun xogador difícil de defender. A pasada tempada na 1ª Div. Autonómica, promediou 15 puntos en 23 minutos, nos 23 partidos xogados, quedando en 3º posto do TOP 20 da Liga. En Liga EBA, esta será a súa 6 tempada, dende que que debutara co Basquet Coruña sendo sénior de primeiro ano. Leva disputados case 1700 min., con 474 puntos, e 295 rebotes.
TRAXECTORIA DEPORTIVA:
Xogador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA) – Escola Basket Xiria. Dende tempada 2019/20 á actual – 4 anos.
Xogador de Narón Baloncesto – Liga EBA – CB Narón. Tempada 2018/19.
Xogador de Leyma Basquet Coruña – Liga EBA e Sénior – Club Basquet Coruña SAD. Dende ano 2014/15 ata tempada 2017/18.
Xogador do Colexio Liceo la Paz – Categorías Base. Ata tempada 2016/17.
Info e foto: Escola Basket Xiria