BAXI FERROL: O conxunto ferrolán logra o pleno de vitorias, cinco de cinco, e son líderes en solitario

Espectacular o inicio de tempada das de Lino López gañando os cinco encontros disputados ata a data e que serviu para o equipo sexa líder a un punto do Celta Zorka Recalvi.

Cun baloncesto rápido, vistoso para o amante deste deporte, unido á calidade que exceden as xogadoras e a boa xestión do adestrador dando minutos a todo o persoal, o equipo, case completamente renovado con respecto á pasada tempada, adaptouse rapidamente ao xogo colectivo coma se toda a vida levasen xogando xuntas.

O Baxi superou nestas cinco xornadas a equipos como o Vantage Tower Alcobendas na primeira xornada no Pavillón A Malata por 77-72, ao Picken Claret na visita ao Pavillón Universidad de Valencia cun resultado de 54-61, ao Club Joventut Badalona novamente en casa por 65-54, ao CAB Estepona no Pavillón Pineda por 66-69 e ao Adareva Tenerife en casa por 77-58.

CLASIFICACIÓN

1. Baxi Ferrol 10 pt
2. Celta Zorka Recalvi 9 pt
3. Al-Qázeres Extremadura 9 pt
4. Recoletas Zamora 8 pt
5. La Cordá de Paterna NB 8 pt
6. Vantage Towers Alcobendas 8 pt
7. CAB Estepona Jardín Costa Sol 7 pt
8. Milar Córdoba Baloncesto 7 pt
9. Osés Construcción Ardoi 7 pt
10. Sernova Renovables Real Canoe 7 pt
11. Club Joventut Badalona 6 pt
12. Lima – Horta Barcelona 6 pt
13. Picken Claret 6 pt
14. Domusa Teknik ISB 6 pt
15. Adareva Tenerife 6 pt
16. Melilla Sport Capital La Salle 4 pt

ANOTADORAS

Jenna Allen: 55 pt
Jessica Féquière: 49 pt
Ángela Mataix: 42 pt
Andrea Boquete: 37 pt
Marta Gómez: 27 pt
Patricia Soler: 26 pt
Nevena Dimitrijevic: 26 pt
Irene Garí: 25 pt
Claudia Soriano: 24 pt
Marianne Kalin: 23 pt
Julieta Mungo: 15 pt

DATOS 

Puntos: 349
Rebotes: 180
Asistencias: 72
Triplos: 38
Balóns roubados: 46
Balóns perdidos: 88
Faltas cometidas: 91
Faltas recibidas: 86
Máis triplas: Jenna Allen (9)
Máis minutos: Ángela Mataix (124:36)
Máis rebotes: Andrea Boquete (29)

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).