O Baxi logrou unha vitoria máis, a sétima consecutiva, tras superar ao Milar Córdoba cun contundente 85-43.
O conxunto ferrolán sacou de inicio a Nevena Dimitrijevic, Jessica Féquière, Marta Gómez, Patricia Soler e Jenna Allen, e saíron fiel ao seu estilo, con moita velocidade nas transicións do balón e moita intensidade a nivel ofensivo e defensivo, o que lle valeu para deixar unha marxe de 9 puntos no primeiro cuarto co resultado de 23-14.
No segundo cuarto, as de Lino López aínda pisaron máis o acelerador e non deron oportunidade ás rivais para achegarse no marcador, chegando ao descanso cunha vantaxe de 20 puntos e un resultado de 45-25, destacando como máxima anotadora neste tramo do encontro Marta Gómez con 8 puntos.
O terceiro cuarto comezou coa mesma intensidade que no primeiro e segundo, cun Baxi que non baixou o ritmo e buscaba aumentar a vantaxe, que incluso a ampliou ata irse +29 co resultado de 66-37 ao final do cuarto.
No último cuarto, o Baxi desatouse e foi un vendaval de gran xogo e alta porcentaxe de canastras, especialmente Irene Garí, que foise ata os 18 puntos na súa conta persoal, e xogadas para o deleite da afección en gran parte obra de Andrea Boquete e Claudia Soriano. Ao final, o marcador reflectiu unha vantaxe de +42 cun marcador de de 85-43.
RESULTADO: Baxi Ferrol 85-43 Milar Córdoba
BAXI FERROL: Patricia Soler (8), Jenna Allen (12), Nevena Dimitrijevic (2), Jessica Féquière (3), Marta Gómez (11), Claudia Soriano (11), Andrea Boquete (6), Julieta Mungo (10), Irene Garí (18), Marianne Kalin (4) e Ángela Mataix (-).
MILAR CÓRDOBA: Ana Picos (15), Marcy De Sousa (4), Carlota Menéndez (0), Vladinka Erak (6), Oksana Fastova (7), Laura Bernardo (5), Noemi Ugochukwu (6), Luz Marina Montilla (0) e Nerea Zea (0).
CUARTOS: 23-14, 45-25, 66-37 e 85-43.
ÁRBITROS: Jaime Enrique Álvarez – Ossorio e Iván Escariz Torres. Sinalaron un total de 27 faltas, 13 das locais e 14 das visitantes.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á sétima xornada da Liga Challenge celebrado no pavillón de A Malata.