BAXI FERROL: Vitoria e homenaxe a Sonia Bra

O Baxi Ferrol imponse ao Innova-TSN Leganés por 77-50, un rival directo na loita pola permanencia e dedica unha homenaxe á canteirá Sonia Bra.

O equipo ferrolán disputou onte o encontro correspondente á 17ª xornada no pavillón da Malata e logrou gañar unha das finais que quedan ata terminar a tempada. O Baxi dominou cada un dos cuartos, en especial o último, cuns parciais de 24-18 / 15-13 / 15-12 / 23-7 e nos que a cada cuarto que pasaba, a afección empuxaba máis ás locais, convertendo o pavillón da Malata nun fortín.

Esta quinta vitoria da tempada deixa ao Baxi na 14ª posición da clasificación con 27 puntos e moi a tiro a permanencia, demostrando ademais que este equipo xamais se rende, nin se vai a render e loitarán ata o último encontro da tempada.

Dos 77 puntos obtidos onte, as anotadoras foron Taylor Koenen (18 puntos), Milica Ivanovic (9), Carmen Grande (7), Jenna Allen (13), Sune Swart (7), Alicia Villegas (2), Geraldynn Leaupepe (11) e Natalia Rodríguez (10).

Foi un gran día, non só pola vitoria, senón tamén pola bonita homenaxe que lle dedicou o Baxi lucindo a camiseta dunha das súas xogadoras, a canteirá Sonia Bra, que a pesar da súa dura lesión, nunca perde o sorriso, acode a apoiar o equipo e desde o equipo de Bisbarra en xogo desexámoslle unha pronta recuperación.

A próxima xornada será a 23ª e o Baxi Ferrol recibirá no pavillón da Malata ás 10ª clasificadas, o Lointek Gernika Bizkaia.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas