A Escola de Fútbol sala Feminino de O Parrulo Ferrol vai por bo camiño e un importante paso é a creación dun equipo senior, que esta tempada estrearase na Primeira Autonómica da RFGF.
Este equipo está formado por Irene, Paula, Keira, Sofía Fraga, Ainhoa, Laura, Jenny, Ainara, Sara, Alba, Cris, Iria e Sofi, ao cal aínda se poderían incorporar novas xogadoras e estarán adestradas por unha auténtica lenda de O Parrulo Ferrol como é Indalecio.
O equipo está formado por mozas xogadoras con ganas de crecer e seguir progresando neste deporte e xa pasarán á historia de O Parrulo Ferrol como o seu primeiro equipo senior feminino.
PRAZAS DISPOÑIBLES NA ESCOLA DE FÚTBOL SALA FEMININO
Este equipo senior feminino será un dos espellos que terán as xogadoras que formen parte da Escola de Fútbol sala do Parrulo Ferrol, en colaboración co Valdetires Ferrol e a Fundación Gadesport.
As inscricións están abertas para as xogadoras de todas as idades e categorías base, como tamén en senior. Todas as xogadoras interesadas poden descargar o formulario de solicitude de inscrición en www.oparrulofs.es, como tamén solicitar máis información nos teléfonos 673 668 664 e 671 113 550.
Info e foto: O Parrulo Ferrol