Bibi: “A afección é moi importante, a ver se lle conseguimos dar unha alegría”

Estamos con David González Santos, “Bibi”, técnico do UD Montelouro que compite na Segunda Futgal no grupo da Costa, para repasar a actualidade do conxunto muradán.

Como valoras o momento actual do equipo?

Pois irregulares, un partido bo e outro malo e así desde que comenzamos.

Que sensacións che deixa o último partido e as últimas xornadas?

Co Malpica boas sensacións xa que tiñamos sete baixas e co Xallas a primeira parte moi boa e a segunda mala. Toca seguir traballando para ser máis regulares.

Cres que o equipo está na liña que ti esperabas ao comezo da tempada?

Non, este equipo estando todos ten que querer máis, non estancarnos. Esperamos recuperar xente para ir a máis.

Cal é o obxectivo principal que vos marcades para esta tempada?

O primeiro, sempre a salvación, e despois conseguir estar o máis arriba posible.

En que aspectos estades a facer máis fincapé nos adestramentos?

En primeiro lugar, a que asistan os dous días durante a semana, xa que por traballos e lesions non conseguimos adestrar sempre os dous días. Nos adestramentos traballamos para ser un equipo serio en todas las facetas do xogo.

Que marxe de mellora ves aínda no grupo?

Pois creo que temos bastante, xa que moitos xogadores non fixeron pretemporada e a ver se van collendo o ritmo agora.

Como definirías o ambiente no vestiario?

Iso é o máis importante, xa que teño unha plantilla con 24 xogadores e a verdade é que todos se levan moi ben e iso é complicado.

Que papel teñen os máis veteranos dentro do equipo?

Os veteranos son máis importantes que o entrenador case, xa que son os que tiran sempre do equipo.

Hai algún xogador que che estea sorprendendo especialmente pola súa evolución ou compromiso?

A verdade é que hai varios, pero se tivera que nomear a un sería a Álvaro Farinós, xa que co tempo foi mellorando moito en moitos aspectos, tanto técnicos como tácticos do equipo.

Como ves o nivel da Liga da Costa este ano?

Moi igualado, pódese gañar calquera partido e perder con cualquera. O nivel mellorou respecto o ano pasado.

Que equipos consideras máis fortes ou máis difíciles de enfrontar?

Pois como dixen na pregunta anterior, todos, pero para estar arriba gustoume o Xallas e supoño que Porteño, Baio, San Lorenzo estarán arriba.

Canta importancia lle das ao apoio da afección nesta categoría?

A afección é moi importante, a ver se lle conseguimos dar unha alegría, que ben o merecen.

Moitas grazas, Bibi, polo teu tempo e moita sorte para o que queda de tempada.

Gracias a vos sempre por darlle visibilidad á Liga da Costa.

Foto: fotoschimpi

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas