Kenny: “É un orgullo poder volver”

Un dos reforzos do Fisober é María Villaverde Ameijeiras (Vimianzo, 2004), coñecida como Kenny, unha xogadora talentosa, veloz, habilidosa no “dribling” e con moita efectividade de cara ao gol. Retornou ao club tras formar parte del desde os oito ata os quince anos, e ademais, compaxinará co fútbol 11 no Soneira, co que cumprirá a súa segunda tempada.

Que tal é volver a defender a camiseta do Fisober?
É un orgullo poder volver, xa que todo o que aprendín do fútbol foi siempre aí. Volver noutra etapa da vida faime ilusión porque podo afrontalo doutro xeito e aprender moitísimo máis. Espero estar á altura.

Como é compaxinar o sala co Fisober e o fútbol 11 co Soneira?
De momento estouno levando ben, pero é pronto para falar, xa que a tempada non fixo máis que empezar. Gustaríame poder dedicarlle o mesmo tempo e as mesmas ganas porque ambos clubes o merecen. O meu principal obxectivo é aprender o mellor que poida de ambos e poder usalo tanto no sala como no campo.

Que esperas desta tempada?
Principalmente botar unha man o mellor que poida para acadar os mellores resultados posibles, ademais de mellorar o meu xogo e aprender. Tamén espero poder pasalo ben e desfrutar coas miñas compañeiras. Penso que imos facelo todas moi ben, hai xogadoras maravillosas e que vai ser unha tempada algo complexa, pero que imos afrontar con moitas ganas e moita forza.

Foto: Berto Fandiño

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O BBCA lidera a clasificación

A vitoria ante o Obradoiro por 67-48 deixou ao conxunto ferrolán como líder en solitario. Espectacular partido o disputado o sábado nun abarrotado Javier Gómez